Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

30/06/2026 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a profesionalización de 12 mulleres artesás do rural cunha mentoría personalizada

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá no peche da primeira parte do programa de dinamización e acompañamento profesional Artesás

30/06/2026 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta anima aos concellos do Ribeiro a fixar poboación a través das axudas para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras

José González fai fincapé en que a convocatoria está orientada aos municipios de menos de 20.000 habitantes, tendo prioridade os de menos de 5.000, que son a totalidade dos da comarca do Ribeiro

28/06/2026 | 19:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego

O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades

28/06/2026 | 17:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior

José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco

28/06/2026 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reunirá un total de 70 expositores no XIII Corazón da Artesanía de Agolada

Durante o encontro impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, haberá cinco obradoiros abertos para iniciarse na forxa, no torno cerámico, no bordado sobre fotografía, no tecido de tapices e nos xoguetes de madeira

27/06/2026 | 19:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi

27/06/2026 | 14:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa en Ribadavia coa programación de obradoiros artesanais dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia, onde hoxe se realizan dous cursos de estampaxe de panos tradicionais

27/06/2026 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta expón aos axentes sociais as medidas para mellorar a xestión sanitaria das baixas e a atención ás persoas traballadoras no marco do diálogo social

O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presidiu a quinta reunión técnica do grupo de traballo creado para definir as accións neste eido e na que participaron representantes da Consellería de Sanidade

27/06/2026 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Pontevedra o papel dos Centros Comerciais Abertos na dinamización do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Pontevedra ás actividades organizadas polo CCA Zona Monumental dentro da iniciativa Xa é verán nas Galerías Oliva e ao arranque da campaña de rebaixas impulsada polo novo CCA Pontevedra