Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

14/06/2026 | 15:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta os lazos históricos entre Vilanova de Arousa e a cidade alemá de Cuxhaven como exemplo do legado da emigración galega en Europa

O encontro celebrou o 25 aniversario da irmandade entre ambas localidades, consolidada a partir do importante fluxo migratorio desde o municipio pontevedrés cara ao norte de Alemaña nas décadas dos 60 e 70

13/06/2026 | 13:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a casa de Galicia en Bilbao no seu centenario por reivindicar a galeguidade no País Vasco

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto central co gallo do centenario da entidade, integrado nun amplo programa cultural e institucional

13/06/2026 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a comercialización do produto artesán galego nunha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe esta feira promovida en colaboración co taller Eferro dentro do programa de feiras de carácter mensual que se desenvolven desde abril no espazo eferroGhalpón

13/06/2026 | 09:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a comercialización da artesanía de Galicia cunha nova orde de axudas para a súa promoción en feiras e eventos

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria 2026 desta liña de apoios destinada a impulsar a presenza da artesanía galega en feiras e espazos expositivos de carácter nacional e internacional

12/06/2026 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta na inauguración do ‘Paseo da La’ a importancia das fibras naturais autóctonas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta tarde no arranque dunha nova edición deste evento, que se celebra ata o domingo na aldea de Couso, en Sarreaus

12/06/2026 | 16:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza cos axentes sociais na análise de novas medidas para actuar sobre o benestar laboral e reducir o impacto do absentismo en Galicia co fin de incorporalas ao futuro plan integral

O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, presidiu hoxe a terceira reunión técnica no marco da recentemente constituída Mesa do Diálogo Social co fin de definir as medidas necesarias neste eido

12/06/2026 | 15:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de 467.000€ na V edición do obradoiro de emprego de Boiro no que se formarán 20 persoas desempregadas

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en instalación de elementos de carpintería