Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor os oficios artesanais ante escolares da Pontenova
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CEIP da Pontenova para falar da elaboración de zocos e da construción de instrumentos de percusión tradicionais respectivamente, no marco do programa autonómico Artesanía na Escola
A Xunta defende a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal a prol dun mercado laboral transfronteirizo facilitador e áxil
González agradece o labor do ata agora presidente do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, César Campos — secretario xeral de UGT Braga—, e desexa sorte á secretaria xeral de CCOO Galicia, Amelia Pérez, quen toma o relevo neste cargo
A Xunta destaca as máis de 120 entidades adheridas á rede Ultreia de atención ao emprendemento da que forma parte ‘The Way Startup Summit’
González resalta as máis de 50 startups, máis de 150 investidores e o millar de asistentes ao evento integrado na rede de colaboración público-privada dirixida a compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades ao atender o emprendemento
A Xunta apoia con preto de 1 M€ a contratación de persoas con discapacidade a través das axudas a centros especiais de emprego de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a Estación de Servizo San Mateo, un dos centros beneficiarios da pasada convocatoria
A Xunta destaca as máis de 120 entidades adheridas á Rede Ultreia de atención ao emprendemento da que forma parte ‘The Way Startup Summit’
González resalta as máis de 50 startups, máis de 150 investidores e o millar de asistentes ao evento integrado na rede de colaboración público-privada dirixida a compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades ao atender o emprendemento
A Xunta pon en valor en Muros o programa de prevención de riscos laborais posto en marcha por Fundamar para as agrupacións de marisqueo a pé
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no acto organizado pola fundación co gallo do inicio deste programa de exercicios terapéuticos en Muros e Noia, que segue a estela do traballo do Issga a prol do sector
A Xunta avoga por reforzar a transversalidade do diálogo social para avanzar cos axentes sociais no consenso de aspectos prioritarios do mercado laboral
González sinala que co decreto de Diálogo Social, publicado hai uns días no DOG, Galicia dá un paso máis na consolidación desta ferramenta clave na interlocución social e conta cun marco regulado e permanente para abordar retos
Manuel Pardo pon en valor o compromiso da Xunta a prol do emprendemento a través dunha nova convocatoria do Bono Nova Oportunidade
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito (1,5M€), para apoiar ás persoas autónomas que cesaron a súa actividade e decidan emprender un novo negocio