Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.755 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

22/04/2026 | 15:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz salienta que a Xunta “dá un paso adiante” no mercado laboral e busca solucións a través do diálogo social como “ferramenta clave”

A delegada territorial do Goberno galego en Vigo participou na clausura do encontro sobre absentismo laboral celebrado no Círculo de Empresarios

22/04/2026 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o traballo do Polo de emprendemento de Melide con 376 iniciativas apoiadas das cales o 54% son proxectos postos en marcha por mulleres

Na visita a delegada mantivo varios encontros con beneficiarios, o ano pasado, dos apoios para o bono autónomo que xa ten aberta a convocatoria deste ano ata o 30 de setembro

22/04/2026 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta o relevo dos negocios galegos co Bono Remuda

Reguera informou en rolda e prensa sobre esta iniciativa que conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros

22/04/2026 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a solicitar o Bono Autónomo antes do 30 de setembro

A delegada territorial da Xunta en Ferrol puxo o foco nesta convocatoria durante a visita a Óptica A Gándara, beneficiaria desta liña de axudas o pasado ano

21/04/2026 | 18:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a Feira Galega de Artesáns que acollerá Ribadavia do 1 ao 3 de maio coincidindo coa 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro

José González enmarca a feira na colaboración da Fundación Artesanía de Galicia coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que suporá a celebración deica setembro dunha ducia destas feiras, das que xa tiveron lugar as de Ferrol e Padrón

21/04/2026 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investirá case 11 M€ na formación de 480 persoas desempregadas na provincia de Pontevedra

Reguera informou en rolda e prensa sobre a resolución da nova convocatoria dos obradoiros duais de emprego

21/04/2026 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a iniciativa ‘Prato de mercado’ a Vigo no marco da súa aposta por consolidar as sinerxías entre as prazas de abastos e a gastronomía galega

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe —no mercado do Calvario— no encontro coa hostalaría local Do mercado aos teus pratos

21/04/2026 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario

Sinala que esta regulación, que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados

20/04/2026 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta buscará no Diálogo Social solucións ante o absentismo despois da presentación dun informe que estima en 2.200 M€ o seu impacto anual no PIB galego

Segundo o documento elaborado por expertos da USC e da UVigo, Galicia é a 2ª CCAA con maior incidencia de absentismo laboral en porcentaxe de xornadas perdidas, duración media das incapacidades e prevalencia de procesos de longa duración