Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.755 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

22/02/2026 | 16:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a colaboración con chefs e prescriptores portugueses no marco do proxecto pioneiro ‘Artesanía no Prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe nun encontro con seis cociñeiros de recoñecido prestixio e un experto en viño e gastronomía

22/02/2026 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conmemorará o Día Europeo da Igualdade Salarial o próximo mércores en Ourense cunha xornada do Campus formativo de igualdade laboral

A formación afondará na integración do principio de igual retribución por traballos iguais e de igual valor e será impartida por Beatriz Sueiro, inspectora de Traballo e Seguridade Social, e por José Fernando Lousada, maxistrado do TSXG

21/02/2026 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Pontevedra avanzan na súa coordinación para reforzar a atención e asesoramento ao emprendemento na provincia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acordou co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, consolidar os recursos a prol do traballo por conta propia a través da Rede autonómica de polos e dos servizos provinciais Smart Peme

21/02/2026 | 10:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende en Ourense o modelo propio de formación para o emprego e captación de talento para cubrir vacantes e garantir a remuda xeracional

González salientou o novo enfoque de formación para o emprego do Goberno galego, máis áxil, flexible e conectado coas empreas con axudas como as do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas (8,5 M€), con convocatoria aberta

20/02/2026 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar deica o luns 2 de marzo as axudas para impulsar proxectos de emprendemento dotadas con 6,7 M€

A convocatoria —dirixida a autónomos, mutualistas, pemes, cooperativas e sociedades laborais constituídas ou dadas de alta a partir do 1 de xaneiro de 2024— prevé apoiar con ata 35.000 euros 800 novas iniciativas, co foco no rural e na remuda

20/02/2026 | 12:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 220.000 euros no PIE da Mancomunidade de Concellos de Ferrol que está a mellorar o acceso ao mercado laboral de 100 mulleres desempregadas

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá ás participantes durante un taller de busca de emprego

20/02/2026 | 11:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa na Coruña o diálogo entre arte, artesanía e deseño

A Fundación Artesanía de Galicia colabora co proxecto Orixes promovido polos ceramistas Pablo Rodríguez, do obradoiro Risco Estudio, e Verónica Moar, que comeza mañá sábado cunha charla do artista e deseñador Christian García Bello

20/02/2026 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel das mesas de comercio local para a coordinación público-privada a prol de medidas adaptadas á realidade de cada concello

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Mesa de comercio local de Betanzos e, ao final da mañá, asistirá tamén á de Curtis, poñendo en valor a importancia destes espazos como encontros de diálogo e cooperación

19/02/2026 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aneiros lembra que permanece aberta a liña de axudas para a mellora de infraestruturas nos parques empresariais

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde da localidade, Fernando Couce, supervisou esta mañá as obras executadas no Parque Empresarial de Vilar do Colo con cargo á anterior convocatoria