Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o deseño e a artesanía como baluartes do emprendemento ligado ao territorio
Neste eido destacan medidas autonómicas como a Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia 2025–2030 e o Manifesto de vontades para a creación da Rede Galega do Ecosistema de Emprendemento
A Xunta lanza unha nova edición de apoios ás entidades locais a prol da empregabilidade na prevención de incendios e con novidades como a figura coordinadora
O DOG publica hoxe as bases reguladoras e a convocatoria de 2026 do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotado con 20 M€ e que supón un novo enfoque nestas axudas que se poderán solicitar desde o 6 de febreiro ata o 5 de marzo de 2026
O padroado do Ifevi aproba por unanimidade o prego técnico de contratación da asistencia técnica que elaborará os plans funcional e estratéxico do recinto
Proximamente lanzarase a licitación co fin de deseñar no menor prazo posible e con todas as garantías ambas ferramentas clave para orientar o desenvolvemento futuro do complexo con criterios de planificación, eficiencia e visión a longo prazo
A Xunta salienta en Coristanco as políticas activas de emprego a prol da remuda xeracional, a cobertura de vacantes e o pulo á iniciativa emprendedora no rural
José González destacou o esforzo da Xunta tanto no mercado laboral interno como na atracción e retención de talento exterior, co obxectivo de garantir a man de obra necesaria en sectores estratéxicos como o lácteo e fixar poboación
A Xunta amosa en centros de ensino de Cenlle e de Coles o oficio tradicional da elaboración de pandeiretas
O artesán Xosé Manuel Sanín achegouse ao CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e ao CEIP Plurilingüe Antonio Faílde, de Coles, participantes do proxecto ‘Artesanía na escola’ promovido pola Xunta en centros de ensino de toda Galicia
A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra
O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa
A Xunta lanza unha nova edición dos apoios específicos ás persoas traballadoras autónomas aos que destina en total máis de 42 millóns de euros
As achegas convocadas hoxe no Diario Oficial, de Galicia son para o inicio, mantemento, consolidación ou reactivación da actividade (40,7 M€), á contratación indefinida polo colectivo (1,3M€) e ás asociacións (350.000€)
A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten no Concello de Pontevedra
O delegado territorial visitou esta mañá as instalacións de Ara Negocios e puxo en valor o papel da formación para mellorar a empregabilidade
A Xunta salienta en Valga a importancia de fortalecer un modelo de formación para emprego e de captación de talento exterior aliñado co tecido produtivo
José González referiuse aos datos do paro e afiliacións coñecidos hoxe, destacando que no mes de xaneiro Pontevedra baixou o desemprego en termos anuais en 3.101 persoas, un -6,60 %, e rexistra o mellor número de cotizantes desde 2008 (377.949)