Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.755 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

30/01/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Verín o labor de dinamización comercial de AEVER e anuncia a nova orde de 2,5 M€ para reforzar o papel dos centros comerciais abertos

O conselleiro puxo en valor o apoio autonómico ao traballo da entidade e a súa intensa programación de campañas e actividades, recoñecendo a traxectoria do equipo saínte e trasladando o seu respaldo á nova directiva encabezada por Esther Gómez Pato

30/01/2026 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que segue aberta a inscrición nas novas lanzadeiras de emprego que buscan impulsar a inserción laboral en Galicia

Esta ferramenta enmárcase no programa Hubs de activación da empregabilidade, impulsado pola Fundación Santa María la Real co apoio do Goberno galego é gratuíto e semipresencial e está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos

30/01/2026 | 10:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoiará con ata 35.000 euros 800 novas iniciativas co foco no rural e a remuda no marco da Estratexia de emprendemento ligado ao territorio

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria destas achegas, dotada con 6,7 M€, dirixida a autónomos, mutualistas, pemes, cooperativas e sociedades laborais constituídas ou dadas de alta a partir do 1 de xaneiro de 2024

29/01/2026 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a promoción internacional das pemes galegas

A anterior convocatoria do programa Galicia Exporta Empresas beneficiou a 23 firmas da provincia de Lugo, que recibiron case 700.000 euros para impulsar a súa presenza en mercados exteriores

29/01/2026 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o reforzo con fondos propios das políticas activas de emprego ante a conxelación orzamentaria dos fondos transferidos polo Estado

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego unha pregunta sobre o impacto da prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado nas políticas activas de emprego

29/01/2026 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova orde de axudas extraordinarias ao retorno con 2,5 M€ destinados a apoiar os gastos iniciais do regreso dun milleiro de familias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas que permiten cubrir as primeiras necesidades dos galegos retornados, con apoios que poden chegar ata os 6.000 euros

29/01/2026 | 09:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca por máis de 2,7 M€ as axudas de 2026 para a consolidación e impulso das entidades da economía social

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova edición do Bono consolida economía social, con achegas que poderán ser de ata 30.000 euros

28/01/2026 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta remarca que continúa traballando coa Fegamp e os axentes sociais no protocolo de prevención e actuación no Servizo de Axuda no Fogar

González explicou que se levou hoxe mesmo un segundo borrador á mesa de traballo creada para tal fin e que é documento aberto a aportacións a prol dunha ferramenta adaptada á realidade do SAF

28/01/2026 | 13:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo reúnese coa nova directiva da área comercial Obelisco e trasládalles o apoio do Goberno galego ás súas iniciativas

A delegada da Xunta animou a entidade a solicitar as axudas dirixidas a actuacións de dinamización das áreas de interese comercial que contarán con 2,7M€ e se convocarán en próximas datas