Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.753 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

12/01/2026 | 15:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Xunta crea un marco pioneiro de microcredenciais para que as empresas deseñen e impartan formación curta e certificada á súa medida

O Consello aproba un decreto que habilita por primeira vez en Galicia un espazo oficial para certificar competencias profesionais de forma rápida e flexible

10/01/2026 | 21:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a XV Festa do Comercio de Ribadeo pola súa traxectoria impulsando o consumo e as vendas de proximidade no municipio

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe no evento organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa), que pon o broche final á campaña que arrancou o pasado 5 de decembro

10/01/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a competitividade do sector comercial e artesán a través da nova orde de achegas de preto de 4 M€ que afonda na simplificación administrativa

O conselleiro lembrou que a orde, que abre o próximo venres 16, conta con tres liñas de apoios compatibles entre si destinadas a promover a dixitalización, innovación e sustentabilidade do comercio retallista e dos obradoiros artesanais galegos

09/01/2026 | 21:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a campaña ‘Este Nadal toca en Melide’ pola súa capacidade dinamizadora do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na gala de Nadal organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide – Centro Comercial Aberto (Asetem-CCA) en colaboración co Concello, que albergou diversos sorteos entre a clientela 

09/01/2026 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre un novo marco de formación a demanda das empresas que reforza a súa planificación e inclúe unha oferta de cursos máis ampla e modulable

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a primeira convocatoria de apoios do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas para a posta en marcha de formacións adaptadas ás demandas específicas do tecido produtivo

08/01/2026 | 14:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o compromiso da Xunta co emprego feminino a través do programa Emega que beneficiou na comarca de Ordes a 7 emprendedoras por un importe de 76.000 €

A representante do Goberno galego explicou que o programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres

08/01/2026 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a innovación e sostibilidade do comercio cunha nova convocatoria de case 4 M€ que axiliza trámites e busca chegar a máis negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou en Ourense as tendas Turini Sport e Amodo, beneficiarias destas achegas das que o DOG publica hoxe a convocatoria de 2026 con tres liñas de apoio compatibles entre si

08/01/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade

José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral