Actualidade
Buscador de novas
A Xunta leva a Madrid a iniciativa ‘O camiño do emprendemento musical’ cun evento que reunirá profesionais de referencia neste sector
O vindeiro xoves, 11 de decembro, a Casa de Galicia en Madrid acollerá a partir das 16,30 horas un evento no que emprendedores de referencia nacional e internacional vencellados á industria musical compartirán experiencias e talento
A Xunta reforzará con novas accións a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia
Pablo Fernández destacou o desenvolvemento e implantación da ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e sincroniza oferta e demanda laboral co apoio da intelixencia artificial
A Xunta elevará un 40 % ata os 20 M€ o orzamento do programa a prol da empregabilidade na prevención de incendios e reforzarao coa figura coordinadora
José González destacou que Galicia Suma Talento: Rural Activo prevé beneficiar unhas 300 entidades locais con máis de 1.000 contratacións durante 9 meses principalmente para a prevención de lumes, dentro da renovación das políticas activas de emprego
A Xunta pon de relevo o aumento das axudas ao retorno no Uruguai como reflexo do compromiso coas familias galegas do país
Nunha xuntanza coa delegada do Goberno galego no Uruguai, o secretario xeral da Emigración destacou que as achegas ao retorno no país superaron en 2025 os 540.000 euros, entre axudas extraordinarias, a emprendedores e bolsas BEME
A Xunta supervisa en Ribadavia a posta a punto dos nove primeiros locais comerciais do proxecto Vilas Vivas que abrirán ao público esta ponte de decembro
O conselleiro sinalou que os locais estarán operativos a partir do venres coincidindo co mercado Artesanía, Saber e Sabor, e que o programa continuará nos próximos meses transformando espazos pechados en negocios abertos e rendibles
Rueda pon en valor os 400 galegos do exterior que puideron regresar a Galicia grazas ao programa Retorna Cualifica Emprego
Destaca que se trata dunha iniciativa, pola que xa se interesaron outras comunidades, que permite aos retornados “mellorar as súas oportunidades” e “garante a súa integración”
Galicia liderou en novembro a caída porcentual do desemprego en España e suma máis de 19.500 afiliados á Seguridade Social respecto a hai un ano
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os datos de paro e afiliacións á Seguridade Social rexistrados en novembro, que en ambos casos anotan os mellores datos da serie histórica neste mes