Actualidade
Buscador de novas
Tres candidaturas galegas optan como finalistas á XVIII edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez (Tomiño), opta ao Premio Produto pola súa colección Mundos e a artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) está nomeada na categoría de Emprendemento
A Ribeira Sacra acollerá en novembro o encontro Ultreia dentro da aposta de Galicia como referente do emprendemento ligado ao territorio
O encontro, organizado pola Xunta de Galicia, celebrarase os vindeiros 27 e 28 de novembro no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025
A Xunta impulsará no Carballiño un espazo único de empregabilidade que integrará a oficina de emprego e o polo de emprendemento cun orzamento de preto de 2 M€
José González avanzou que en 2026 se licitarán e poñerán en marcha as obras que permitirán o traslado da actual oficina de emprego, situada na rúa Ramón Otero Pedrayo, a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal
Tres pezas de coiro, cerámica e téxtil competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2025 dotado con 9.000€
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu a reunión do xurado destes galardóns na que se decidiu nomear os finalistas
Aneiros destaca a aposta do Colexio de Avogados de Ferrol pola formación continuada na inauguración dun seminario sobre dereito laboral
A delegada territorial de Ferrol participou esta mañá no acto inaugural desta iniciativa que reúne ente hoxe e mañá nas instalacións do colexio profesional a distintas voces especializadas neste ámbito
A Xunta promove a formación, innovación e transformación dixital do comercio como pancas de competitividade ante os novos retos do sector
A xornada, que se celebra hoxe no GaiásTech, inclúe casos de éxito, espazos de demostración tecnolóxica, presentación de factura electrónica e talleres prácticos centrados en redes sociais, IA ou márketing dixital, entre outros
A Xunta pon en valor o manual ‘O recurso preventivo e outras vixilancias de traballos’ elaborado por Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou esta mañá en Ourense na presentación do documento
A Xunta pon en valor a aposta do ‘V Premio Cámara de Comercio-ENCE á innovación forestal’ por consolidar o emprendemento ligado ao territorio
José González gabou esta iniciativa que permite visibilizar proxectos empresariais innovadores nun sector estratéxico como é o forestal, ao tempo que contribúe a impulsar o emprendemento neste eido co foco posto nas achegas das novas xeracións