Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.487 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

02/08/2025 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resalta o valor da olería de Buño como exemplo de preservación artesanal e proxección de futuro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 40 edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebra ata o domingo 

01/08/2025 | 14:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o papel da feira Mostrart no impulso do selo Artesanía de Galicia e da aposta pola atracción de talento novo ao sector

Nesta 41 edición, participan 62 obradoiros artesáns dos que 50 pertencen ao selo Artesanía de Galicia, 11 artesáns doutras autonomías e ademais desenvólvense obradoiros abertos ao público e demostracións en vivo a cargo de artesáns

31/07/2025 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Xinzo de Limia a quinta campaña do programa ´Merca no teu comercio´para impulsar o comercio local en vilas e concellos rurais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da quinta campaña quincenal do programa en colaboración coa Federación Galega de Comercio e, nesta edición, coa asociación de comerciantes Prolimia

31/07/2025 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza en Cambados o sector vitivinícola como motor de emprego no rural e referente de emprendemento ligado ao territorio

José González salientou a relevancia deste evento organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas co obxectivo de promocionar o viño albariño entre profesionais e público especializado

31/07/2025 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar as axudas para o emprendemento feminino do programa Emega

A convocatoria conta cun orzamento total de máis de 5M€ e o prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 14 de agosto

30/07/2025 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo reafirma o compromiso da Xunta cos emprendedores e coa xeración de emprego nun encontro co presidente de Ascega

A delegada reuniuse co presidente de Ascega, Alfonso Salazar, para informarlle das diferentes ordes de axuda da Xunta para levar a cabo a construción de nova vivenda e para a rehabilitación dirixidas ao aluguer

30/07/2025 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta salienta o papel do Camiño como símbolo para achegar a mocidade galega do exterior á súa terra de orixe e reforzar os vencellos culturais e sociais

Na súa 35ª edición, a iniciativa contou con preto de 100 participantes de sete países e xa suma máis de 3.500 beneficiarios ao longo da súa traxectoria

29/07/2025 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove en Verín un encontro virtual para impulsar a colaboración entre o sector turístico a hostalaría e a artesanía

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, deu a benvida aos participantes nunha xornada organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín, orientada á dinamización do tecido produtivo da comarca