Actualidade
Buscador de novas
A Xunta gaba o Foro O Porriño Conecta Talento como un escaparate para coñecer as oportunidades formativas e profesionais
Os conselleiros de Educación e de Emprego visitan o evento, que conta con participación de centros educativos, empresas e administracións
A Xunta recoñece a excelencia de 103 estudantes do Sistema Universitario de Galicia cos premios fin de carreira
A Consellería de Educación publica a resolución desta distinción, que vai acompañada dunha dotación económica de 3.500 €
As familias xa poden solicitar as axudas da Xunta para libros e material escolar do vindeiro curso
Os fogares con rendas iguais ou inferiores aos 10.000€ por membro teñen aberto o prazo desde hoxe e durante todo un mes ata o 19 de xuño
Medio centenar de alumnos compiten na carreira Barreiros E-Motion FP A Estrada Urban Race
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destaca esta iniciativa como exemplo da innovación da Formación Profesional, un dos emblemas da Galicia Calidade
A Xunta converte a eclipse nunha oportunidade para mellorar o coñecemento científico no ensino
Máis dun centenar de docentes participan na xornada formativa ‘Astronomía sen etiquetas’, con relatores como Enrique Pérez, especializado en divulgación científica inclusiva, o Juan Marcos Álvarez e Eduardo Ojero, ambos vinculados á ESA
A Xunta reforza con 130 M€ a aposta polas tecnoloxías cuánticas e a IA para impulsar a I+G+i
A directora da Axencia Galega de Innovación comparece no Parlamento, onde destaca que estas iniciativas de vangarda transformarán sectores como a saúde, a enerxía, a biotecnoloxía, a industria agroalimentaria ou os servizos públicos
O Centro Integrado de FP Cantería de Galicia esperta o interese internacional polo seu modelo formativo e os seus bos resultados
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, mantén un encontro co empresario australiano William Treble para explorar vías de colaboración neste sector
A Xunta e o Instituto Camões avalían a súa colaboración para reforzar o ensino de portugués en Galicia
O conselleiro Román Rodríguez reúnese en Lisboa coa presidenta da entidade, Florbela Paraíba para abordar o avance de iniciativas como Escolas de Fronteiras
A Xunta actualizará a normativa que regula a PAU en Galicia para avanzar nun modelo de proba común
Abre a consulta pública previa no Portal de Transparencia para iniciar os trámites de elaboración da nova normativa que incluirá melloras na coordinación e organización