Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.662 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

28/04/2026 | 18:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CiQUS incorpora a un investigador da Universidade de Valladolid grazas ao programa Oportunius

O conselleiro de Ciencia recibe a Cristóbal Pérez, que desenvolverá o seu traballo na USC, e agradécelle que elixa Galicia para desenvolver a súa carreira

28/04/2026 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O centro de investigación de Borgwarner remata a súa construción cun investimento da Xunta de 5 M€

O centro de investigación empresarial atópase en fase de equipamento e prevese a súa apertura para o último trimestre do ano

28/04/2026 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
28/04/2026 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta busca posicionar Galicia como territorio de innovación biotecnolóxica internacional

O Executivo autonómico apoia os Galicia Biodays, evento de referencia no ámbito europeo, que reunirá en Vigo a máis de 1000 persoas os días 6 e 7 de maio

28/04/2026 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca “a capacidade investigadora e creadora dos escolares” no Concurso das Letras Galegas impulsado pola Xunta

Trátase dunha convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da de Educación, Ciencia, Universidades e FP que implica o alumnado con esta efeméride

28/04/2026 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o inicio das obras do IES Domingo Villar como o proxecto educativo “máis ambicioso” da historia de Vigo cun investimento de 18 M€

Destaca que o centro será o primeiro de Galicia construído integramente baixo o Plan de nova arquitectura pedagóxica e dará servizo a uns 700 alumnos e alumnas

27/04/2026 | 20:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o colexio ‘Galén’ colaboran nun ciclo de charlas con destacados expertos en educación para conmemorar o 25 aniversario do centro

César Bona abriu hoxe o programa, que continuará os días 7 e 29 de maio na sede da Administración autonómica coas conferencias do psicólogo e orientador Antonio Ríos e do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño

27/04/2026 | 19:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia amosa a unha delegación de Murcia os avances do ensino galego en inclusión e dixitalización

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita co seu homólogo da Rexión da Murcia o Instituto do Milladoiro e o Centro de Innovación Educativa e Dixital

27/04/2026 | 15:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta aproba novas axudas para blindar o apoio ás familias con fillos en idade escolar no vindeiro inicio do curso

Defende un sistema de achegas en función da renda para apoiar máis a quen máis o necesita

26/04/2026 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A futura Lei de ciencia e innovación marcará como un dos seus obxectivos achegar á I+G+i á cidadanía

O conselleiro participa na entrega de premios do festival científico de rúa CinVigo, organizado polo CINBIO da Universidade de Vigo e apoiado pola Xunta