Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora coa I Floralia de Proendos, que se celebrará o 30 de maio para poñer en valor o xacemento arqueolóxico de Sober
A xornada inclúe exposicións, obradoiros e visitas guiadas para achegar ao público a relevancia patrimonial e arqueolóxica deste enclave da Ribeira Sacra
A Xunta destina 176.000€ a tres longametraxes de dirección novel e oito curtas coas que se impulsa o talento audiovisual galego
Finánciase a realización de seis obras en formato curto, a posprodución doutras dúas e a produción de tres longas, todas elas en versión orixinal galega
A Xunta participa na Feira Internacional do Cómic 2026 ‘Ficomic Barcelona’ con máis dun cento de títulos
O Goberno galego conta cun expositor propio no que se presentan publicacións actuais e as editoriais máis representativas deste xénero
A Xunta abre hoxe as solicitudes para os Premios Galicia de Acción Voluntaria 2026
O certame galardoará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, estas dúas últimas modalidades coa condición de estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria
Belén do Campo participa na conmemoración do 80 aniversario da Asociación de periodistas de Santiago e destaca o papel esencial do xornalismo na defensa da democracia
A representante do Goberno autonómico puxo en valor a traxectoria da asociación compostelá, fundada en 1945, destacando o compromiso mantido ao longo de oito décadas coa defensa da profesión xornalística, coa liberdade de expresión e co dereito da cidadanía a recibir unha información rigorosa, veraz e plural
Anxo M. Lorenzo destaca o “testemuño histórico e emocional” das fotografías sobre A Habana que protagonizan a nova exposición de Belas Artes
‘Habana Mater 20023-2023 Luis Gabú’ forma parte do programa ‘As exposicións de 2026 como motor cultural da Galicia Calidade’