Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta celebrará o Día do Circo na Cidade da Cultura cun espectáculo da compañía Pistacatro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude trae ao Gaiás, o 19 de abril, o Premio Nacional 2025 nesta disciplina, que presentará un dos seus últimos proxectos
A Xunta contribúe con 290.000 € á celebración de 13 festivais profesionais de artes escénicas en 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distribúe estas axudas entre citas especializadas en teatro, monicreques, circo, danza, improvisación e monólogos
O festival Clasclás afondará na excelencia artística e reforzará a súa relevancia no panorama europeo da música clásica, co apoio da Xunta
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a aposta pola “vangarda e a ciencia” da novena edición, que se celebrará do 20 ao 27 de xuño
A Xunta reafirma o seu apoio aos Premios de Teatro María Casares nunha 30ª edición de homenaxe a Manuel Lourenzo
Entre os 17 espectáculos finalistas figura a produción do Centro Dramático Galego ‘A serie clopen’, con 10 candidaturas
A Filmoteca de Galicia dedícalle en abril un ciclo á obra completa de Guillermo Galoe e continúa coa retrospectiva de Fassbinder
O cineasta madrileño de orixe galega que vén de sumar o segundo Goya por ‘Ciudad sin sueño’ presentará na Sala José Sellier todas as súas películas entre os días 14 e 17 e impartirá unha clase maxistral sobre os seus procesos de produción
López Campos convida a redescubrir Vigo a través da ollada de Barreiro
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste á exposición ‘Vigo, luz e cor’, que poderá visitarse ata o 26 de abril na Casa das Artes
A Xunta finalizará neste mes a restauración do retablo maior da igrexa de San Fins de Sales, en Vedra, tras investir 65.000€
As actuacións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude están centradas en resolver distintas patoloxías detectadas debido a problemas de tipo estrutural
A Xunta ofrece unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual
O Museo das peregrinacións e de Santiago acolle o 14 de abril esta cita, organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes
A Xunta mantén aberto ata o 13 de abril o prazo de solicitudes para o Xuventude Mentoring
O programa, destinado a favorecer a transición da mocidade á vida profesional, rematou a súa última edición en febreiro con 160 participantes