Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta abre a consulta pública a nova Lei de Bibliotecas e do Patrimonio Bibliográfico de Galicia
A normativa busca renovar a regulación destes centros e o seu valor dentro do ecosistema cultural galego tendo en conta os cambios sociais das últimas décadas
A Xunta expón 400 debuxos realizados por escolares de Lugo para conmemorar os 25 anos da Muralla como Patrimonio Mundial
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apelou á creatividade dos nenos e nenas lucenses convidándoos a realizar deseños baixo o lema A Muralla de Lugo: un desexo, un recordo, unha felicitación
Manuel Pardo destaca os preto de 260.000€ da Xunta para o Plan de Intervencións Arqueolóxicas 2025 na provincia de Ourense
O delegado territorial explicou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu máis de 16.000 euros na edición deste ano
A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe con cinco espectáculos á nova temporada escénica do Teatro Principal de Santiago
O director de Industrias Culturais intervén na presentación da próxima programación semestral de Compostela Cultura, na que se inclúen nove funcións de ‘Reconversión’, ‘BenQuerer’, ‘O dragón de ouro’, ‘A historia vaxenial’ e ‘Artur Ui. O ovo da serpe’
López Campos celebra o liderado de Galicia en proxectos artísticos internacionais coa mostra conxunta de Kounellis no Es Baluard Museu de Palma
A Xunta destina preto de 50.000€ a esta revisión do legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’, que poderá verse nas respectivas capitais mallorquina e galega
A Fundación Manuel Moldes amosa as ilustracións ‘Bicos de cine’ do pintor pontevedrés que conserva a Filmoteca de Galicia
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu na inauguración da exposición que poderá verse en Pontevedra ata marzo de 2026
A Xunta iniciará nos vindeiros días os traballos de limpeza do Castelo de Corbeiroa
A actuación arqueolóxica contempla a eliminación da vexetación que medra na estrutura e na súa contorna inmediata
Andrés Rivas Rodís acada a primeira residencia de arte e ciencia impulsada pola Xunta e a USC
O artista compostelán desenvolverá o proxecto ‘Outro e sobre si’ para explorar o concepto da superposición cuántica desde a perspectiva das artes visuais
O Centro Dramático Galego presenta no Salón Teatro ‘Berenguela na gaiola’ en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú, FIOT e Fundación Manuel María
O espectáculo para público familiar, recoñecido co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024, estará no escenario da compañía da Xunta de Galicia os días 5, 6 e 7 de decembro ás 18,00 horas