Actualidade
Buscador de novas
López Campos anuncia que o vindeiro ano se porá en marcha un concurso de ideas para ampliar o espazo expositivo do Museo do Mar de Galicia
O representante do Goberno galego destaca que se procura “a mellor solución” para a posta en valor e divulgación dos xacementos arqueolóxicos que acolle esta superficie
A Xunta reafirma o seu apoio ao deseño como sector estratéxico na apertura do Foro Feed 2025
A cita, de carácter bienal, reúne profesionais, estudantes e empresas arredor das novas tendencias, a innovación e o diálogo entre os ámbitos creativo e o produtivo
A Xunta aumentará ata os 3,6 M€ o seu orzamento no 2026 ao Consorcio da Música o que supón un incremento do 20% con respecto ao orzamento de 2024
O Goberno galego tamén informou dunha aportación extraordinaria da Xunta, neste exercicio 2025, de 200.000 euros, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, incrementando o orzamento ao Consorcio da Música neste ano con respecto a 2024, pasando de 3 a 3,5 millóns de euros
A Xunta solicita ao ministerio de Cultura o depósito do mecanoscrito de ‘La Colmena’ atopado en Alcalá de Henares na Fundación Camilo José Cela
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asina unha carta na que se manifesta a intención do Goberno galego con cumprir os desexos do Premio Nobel, velando porque o seu legado permaneza unido
López Campos pon en valor as vantaxes da adaptación da Lei de patrimonio cultural ao permitir axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz
O titular de Cultura salienta que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións
A Xunta impulsará a creación dixital no encontro de artistas novos coa incorporación de Chus Martínez
Tras quince edicións, a iniciativa abre unha nova etapa na que se procurará unha maior conexión co Centro de Artes Dixitais que se está a construír no Gaiás
López Campos salienta a relevancia da pegada académica e sociocultural para Galicia que Ángel Luis Hueso traza no seu libro ‘Retallos de cine’
O volume recolle medio século de evolución do ensino e dinamización cinematográfica a través da traxectoria vital e profesional do profesor, con especial dedicación á época na que impartiu Historia do Cine na universidade compostelá
Anxo M. Lorenzo convida a “repensar o cotián da man de Eugenio Granell”
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle esta mostra inspirada na figura do surrealista coruñés que explora a relación do artista co mundo material, a memoria e a creatividade