Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.125 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

14/11/2025 | 20:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A película subvencionada pola Xunta ‘Onte á noite conquistei Tebas’ estréase en Galicia tras o seu destacado percorrido internacional

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste no Salón Teatro de Santiago de Compostela á première galega da longametraxe de debut do director Gabriel Azorín no marco do 39º Cineuropa

14/11/2025 | 16:19 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos asina un convenio por valor de 83.000€ co concello de Bande para o equipamento da Reitoral

O acordo está destinado a dotar de mobiliario o edificio e á instalación dos sistemas de climatización e ventilación para o seu aproveitamento no eido do turismo cultural

14/11/2025 | 15:24 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos gaba o programa ‘Ponte...nas ondas’ por “poñer en valor na mocidade os lazos con Portugal”

A iniciativa cultural e pedagóxica, que celebra este ano o seu trinta aniversario, promove actividades entre escolares baseadas nos vencellos de Galicia coa lusofonía

14/11/2025 | 14:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove unha nova intervención arqueolóxica no Castro de Fazouro, en Foz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o obxectivo é contribuír á conservación do xacemento, situado na Punta do Castro, e preservar a seguridade dos visitantes 

14/11/2025 | 14:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a participación de sete creadores galegos no festival internacional ‘Eñe’ en Madrid

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á sección dedicada a Galicia dun certame que conta con 180 autores de  23 países de Europa e Latinoamérica

14/11/2025 | 13:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Redrum Teatro estrea en Ourense a comedia distópica ‘Nas nubes’, producida cunha das axudas da Xunta á creación escénica

O espectáculo insírese no plan trienal 2025-2027 para o que a compañía compostelá obtivo unha achega de 100.000 euros da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

13/11/2025 | 18:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Arias participa na inauguración do mural de Dani Caxete sobre a Semana Santa de Viveiro

A iniciativa foi promovida pola Xunta de Confrarías coa colaboración da Administración autonómica

13/11/2025 | 14:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Punto Nemo’ avanza na filmación en Galicia da súa segunda temporada cunha das axudas da Xunta a rodaxes audiovisuais

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de publicar a concesión dunha subvención de 350.000 euros para esta produción de Prime Video, encabezada pola compañía galega Ficción