Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 945 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

01/06/2026 | 15:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convirte Santiago en centro do debate sobre o futuro tecnolóxico do turismo

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza o vindeiro 10 de xuño no GaiásTech unha xornada sobre o uso dos datos na transformación dos destinos turísticos intelixentes

31/05/2026 | 10:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros

A anulación destas débedas evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública

29/05/2026 | 15:26 | C. de Facenda e Administración Pública

Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar na campaña da renda 2025 das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia

A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención aos contribuíntes para a elaboración da renda 2025

29/05/2026 | 10:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca un concurso de traslados para as escalas de informática que fará de proxecto piloto para o novo modelo de concurso aberto e permanente

Permitirá testar a nova ferramenta informática deseñada para este fin, e, en función dos resultados obtidos, introducir os axustes técnicos necesarios antes da implantación xeral do modelo

28/05/2026 | 13:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa nun foro sobre a execución dos Fondos FEDER e os seus retos en relación ao desenvolvemento territorial e a cohesión social

O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío Tobar, asiste ao Foro de Economía e Política Rexional que ten lugar en Pamplona

26/05/2026 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez recibe un recoñecemento póstumo polo seu compromiso co emprego público inclusivo

O acto tivo lugar no marco da xornada Construíndo Emprego, organizada por Fademga, que pon en valor o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual

26/05/2026 | 11:39 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta defende un sistema de financiamento autonómico no que as persoas conten cos mesmos servizos públicos con independencia de onde residan

Galicia pide ao Goberno central que retire a proposta do SFA que rexeitan case todas as CC.AA. e que consensúe unha reforma

23/05/2026 | 11:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pecha as actividades da Semana da Administración Aberta cunha xornada educativa

O conselleiro de Facenda e Administración Pública conversou cun grupo de alumnos e alumnas de 1º da ESO na sala do Consello

22/05/2026 | 20:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta participa na entrega dos Premios Ártabros a organismos, entidades e persoas destacadas na área de Ferrolterra

O acto celebra o décimo quinto aniversario do xornal Galicia Ártabra, que entregou 15 galardóns para conmemorar a efeméride

22/05/2026 | 16:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta terá publicadas a vindeira semana as convocatorias de 12 procesos selectivos con máis de 600 prazas ofertadas

Trátase dun avance dos 41 procesos que se convocarán en 2026, cun total de 2.039 prazas