Actualidade
Buscador de novas
Miguel Corgos asiste á Festa do Galo Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, foi a pregoeira da XXIII edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar - XIV Feira Celta que se celebra todos os anos neste concello da comarca de Arzúa
A automatización evitará aos forenses do Imelga o rexistro manual no INE de máis de 2.100 autopsias anuais
A Xunta está a pilotar a automatización deste procedemento interno que teñen que realizar mensualmente os profesionais do Imelga para as estatísticas do INE
Galicia é a primeira comunidade autónoma na que o Parlamento autoriza o teito de gasto para 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano que ascende a 13.954 millóns de euros, a cifra máis alta da historia da Comunidade
A EGAP convocou 766 actividades formativas entre xaneiro e xullo cun total de 41.778 prazas
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde se avaliaron as actividades levadas a cabo durante 2024 e as previstas para o segundo semestre do ano
Rueda destaca que Galicia garante un ano máis de estabilidade coa aprobación dun teito de gasto para 2025 de 13.954 M€, o máis alto da historia da comunidade
Salienta que é un límite de gasto “ambicioso, pero razoable” que permite avanzar no camiño para aprobar “en tempo e forma” os orzamentos de 2025
O Observatorio da Sociedade da Información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos
O portal do Osimga xa dispón dun cadro de mando con Business Intelligence que ofrece a información máis actualizada e completa sobre dixitalización en Galicia
A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, reuniuse coa Comisión de Dixitalización da Confederación de Empresarios de Galicia
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa UNICO para a mellora da conectividade en polígonos
O DOG publica hoxe a orde que permitirá a Pemes e micropemes situadas en polígonos ou áreas loxísticas acceder a unha subvención de ata o 80% para conexións de 1Gbps
Galicia paga aos seus provedores 17 días antes que a media das comunidades autónomas
O período medio de pago de Galicia no mes de maio situouse en 13,69 días, máis de 16 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal