Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 880 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

24/02/2026 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos garante que os beneficios fiscais cheguen ás 60.000 familias galegas que poden deducir no IRPF a compra de libros de texto e material escolar

O Goberno galego leva ao Parlamento o Anteproxecto de Lei de medida excepcional en materia fiscal que permitirá aplicar a dedución tamén ás persoas que realizaron os pagamentos das facturas en efectivo

23/02/2026 | 11:53 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais para os concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais

Esta infraestrutura de sensorización facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural

22/02/2026 | 11:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca o esforzo do Goberno galego para convocar máis de 4.000 prazas de emprego público nesta lexislatura

O conselleiro de Facenda e Administración Pública supervisou o operativo das probas da escala de persoal subalterno e auxiliar de coidadores

20/02/2026 | 16:36 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos sinala o papel fundamental dos fondos europeos no desenvolvemento rural e urbano de Galicia e na súa converxencia

A Comunidade galega recibiu desde 1986 máis de 32.000 M€ que contribuíron ao seu desenvolvemento social e económico

18/02/2026 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novos cursos para obter a certificación galega de competencias dixitais

Ofrece dous plans formativos en liña e titorizados para obter o Comdix no nivel de iniciación

16/02/2026 | 15:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o anteproxecto de Lei que incluirá o pagamento en efectivo para as deducións fiscais en libros e material escolar

Rueda sinala que o documento remitirase ao Parlamento como proxecto de Lei de lectura única, un procedemento que permite acelerar a aprobación da norma, reducindo os prazos

10/02/2026 | 12:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos garante o compromiso co tecido empresarial galego para que poida seguir medrando, innovando, modernizándose e xerando emprego de calidade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto sobre a situación do financiamento público na Comunidade do Círculo de Empresarios de Galicia

08/02/2026 | 10:18 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O nodo CIBER.gal impulsou máis de 300 actividades en 2025, que beneficiaron a máis de 11.000 persoas

O servizo de apoio e asesoramento a concellos e deputacións reforzou a protección das entidades locais, protexendo 6.000 equipos e supervisando máis de 2.300 activos dixitais

06/02/2026 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca que as bonificacións en vivenda aprobadas pola Xunta desde 2016 permitiron aos galegos un aforro total de case 227 M€

Resaltou que, no seu primeiro ano de vixencia, 2.000 contribuíntes xa se beneficiaron tamén da redución do Imposto de Sucesións para parentes do grupo III

05/02/2026 | 14:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A ATRIGA destaca o seu compromiso para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias e o esforzo na loita contra a fraude fiscal

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont, inaugurou esta mañá as XIV Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade