Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.317 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/06/2026 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,1 M€ as obras de rehabilitación de 6 vivendas para alugueiro accesible con preferencia a menores de 36 anos en Ribadeo

Habilitaranse tres inmobles situados nas rúas Bispo Veres 2 e 4 e Trinidade 32, adquiridos pola Xunta co obxectivo de recuperar patrimonio edificado, revitalizar o casco histórico e favorecer a chegada de novas familias

21/06/2026 | 10:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta licita por máis de 925.000 euros as obras de acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, no Concello de Oroso

Trátase de acometer a mellora paisaxística e da seguridade viaria neste parque fluvial en Sigüeiro, lugar de paso do Camiño de Santiago, beneficiando tanto aos peregrinos como á veciñanza

20/06/2026 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o luns 22 as obras da nova senda de Marcón, na PO-542 en Pontevedra, nas que investirá 1,4 M€

Xunto ao novo itinerario peonil e ciclista, habilitarase unha glorieta para mellorar a seguridade viaria nesta contorna da parroquia de Marcón

20/06/2026 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 405.000 euros as obras para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, no Concello de Boqueixón

O obxectivo é a integración urbana das vivendas situadas nas proximidades do lugar de Lestedo, con intervencións na rúa Castrelo e na avenida do Veintiséis

19/06/2026 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 129.000 euros no acondicionamento da estrada LU-934 ao seu paso polo núcleo urbano de Friol

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que os traballos xa están a finalizar co repintado da sinalización horizontal 

19/06/2026 | 16:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará mañá a mellora da contorna da glorieta da AC-550, ao seu paso polo concello de Noia

Realizaranse traballos de mellora do firme neste rotonda, ao seu paso pola rúa Carcasia, na intersección coa rúa da Coruña

19/06/2026 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras do novo treito da vía de altas prestacións AG-42 Tui- A Guarda, que prevé rematar no vindeiro 2027

A conselleira destacou que os traballos, que supoñen 3,2 novos quilómetros deste viario entre o enlace do polígono de Areas ata a PO-350, achéganse ao 50% de execución 

19/06/2026 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Concello do Campo Lameiro colaboran na mellora da contorna do Centro de Estancia de Agrelo, que suporán un investimento de 511.000€

A conselleira destacou que a actuación completará este equipamento municipal coa urbanización da parcela que rodea o edificio e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións Goberno

19/06/2026 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5M€ a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construír 14 novas vivendas de promoción pública

As vivendas serán o resultado da transformación de locais sen uso propiedade da Xunta e que ocupan a primeira planta dun inmoble emprazado na rúa Ponte Pielas

19/06/2026 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 48 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra

As vivendas construiranse na parcela P-17 de Valdecorvos, propiedade da Xunta de Galicia