A Xunta iniciará mañá a mellora da contorna da glorieta da AC-550, ao seu paso polo concello de Noia
Realizaranse traballos de mellora do firme neste rotonda, ao seu paso pola rúa Carcasia, na intersección coa rúa da Coruña
Nas vindeiras semanas levaranse a cabo traballos da corta de árbores situadas nas proximidades de vivendas no lugar de Orro, na rotonda que une a AC-550 co ramal de saída a Noia AC-549
Tamén se actuará na intersección da AC-553, na entrada ao lugar de Boña, coa corta de árbores para mellorar a visibilidade e facilitar a incorporación á rotonda e contribuír á fluidez do tráfico
A intervención dá resposta á solicitude do Concello de Noia e forman parte do compromiso do departamento que dirixe M. Allegue para manter as estradas autonómicas en boas condicións e mellorar a seguridade viaria
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026
A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do servizo de conservación de estradas, iniciará mañá obras de mellora na contorna da estrada AC-550, ao seu paso polo concello de Noia.
Trátase de actuar na glorieta de la AC-550, situada fronte a casa consistorial, para o que se levarán a cabo distintos traballos que reforzarán a mellora da seguridade viaria neste entorna.
En concreto, intervirase no firme da rotonda da AC-550 ao seu paso pola rúa Carcasia, na intersección coa rúa da Coruña, mellorando a capa de rodaxe, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura.
E nas vindeiras semanas levaranse a cabo traballos da corta de árbores situadas nas proximidades de vivendas no lugar de Orro, na rotonda que une a estrada AC-550 co ramal de saída a Noia AC-549, co fin de mellorar a seguridade e evitar riscos derivados da proximidade do arborado ás edificacións.
Tamén se procederá á corta de arborado na intersección da AC-553, na entrada ao lugar de Boña, na parroquia de Sampaio, para acadar unha maior visibilidade na incorporación á rotonda, contribuíndo á fluidez do tráfico.
Con estas actuacións o departamento que dirixe María M. Allegue, dá resposta á solicitude do Concello de Noia, e enmárcase no compromiso da Xunta por manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria.