Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta a demanda para reclamar ao Estado a documentación de resposta ao ditame europeo en relación coa prórroga da concesión da AP-9
Rueda sinala que a presentación deste escrito é consecuencia da admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo presentado pola Administración autonómica contra o Ministerio de Transportes, ante a negativa expresa de facilitar a resposta enviada a Europa sobre o citado ditame
Belén do Campo destaca en Ponteceso o compromiso da Xunta coa mellora da súa seguridade viaria e coa mobilidade sostible coa execución de dúas sendas en Pazos e Couto co impulso dun novo itinerario peonil en Corme de máis de 1,3 M€
A representante do Goberno autonómico visitou a senda peonil executada no lugar de Pazos ao abeiro do Plan Hurbe e a zona onde está prevista a construción dun novo itinerario peonil na estrada AC-424, en Corme
A Xunta somete a información pública o proxecto dunha nova senda peonil na AC-424 en Corme, no Concello de Ponteceso
Este itinerario suporá un investimento de case 565.000 euros sendo o seu obxectivo continuar a mellora da seguridade viaria e fomento da mobilidade sostible, unindo esta nova senda de 685 metros de lonxitude Corme Aldea con Corme Porto
A Xunta conclúe en San Cibrao das Viñas a primeira quenda dos cursos de condución segura para motoristas deste 2026, con ao redor de 160 participantes
Os primeiros 8 cursos do ano celebráronse en Santiago, O Porriño, Silleda e San Cibrao, e as actividades retomaranse en setembro con outra quenda de cursos en Vilalba, Vilaboa e Curtis, para os que se abrirá o prazo de solicitudes en agosto
A Xunta recibe dez ofertas para a construción das novas sendas peonís na estrada AC-433 en Laxe, que suporán un investimento total de mais de 1,1 M€
Trátase de executar dous novos tramos de sendas nesta vía autonómica: un primeiro que parte do núcleo de Castrelo uníndose coa senda xa executada en Serantes; e un segundo, que enlaza este núcleo co de Laxe
A Xunta recibe sete ofertas para executar o reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por 10 concellos da provincia de Lugo, licitadas por máis de 3,6 M€
Actuarase en distintos treitos das vías da Xunta: LU-633, LU-546 E LU-621, nos seus percorridos polos concellos do Corgo, Portomarín, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria, Triacastela e Monforte de Lemos
A Xunta entrega en Vigo e Tui os premios do concurso escolar ‘Amosando e protexendo o noso territorio’ do Proxecto Terra
Na Escola de Educación Infantil Plurilingüe Monte do Alba, de Vigo, a alumna Aitana Pérez Carballo recibiu o premio individual dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación infantil
A Xunta licita as obras de 78 novas vivendas públicas en Navia, en Vigo, que suporán un investimento de preto de 16,2M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 6 de xullo
A Xunta asina un novo convenio para facilitar o aval bancario na adquisición da primeira vivenda, especialmente para menores de 36 anos
Estes avais da Xunta sufragan o 20% do custe de adquisición das vivenda