Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.319 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/04/2026 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca a execución das 64 vivendas públicas de Cambedo da Raia, en Ourense, cun investimento de máis de 13 M€

Esta promoción consta de 4 bloques que acadarán, segundo salientou a conselleira, “fogares modernos, que aproveitan a luz solar, cunha arquitectura que permite o máximo confort e o mínimo consumo enerxético”

29/04/2026 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo visita Zas para anunciar a licitación das obras de firme en 10 concellos da zona de Bergantiños-Costa da Morte e Santiago cun investimento de máis de 3,5 M€

Concretamente, no Concello de Zas a delegada visitou un dos tramos da AC-404 de Santa Comba a Baio que se mellorará con esta actuación. En total neste municipio está previsto a mellora de máis de 11,7 quilómetros cun investimento de case 727.000 euros

28/04/2026 | 17:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de dúas novas sendas na AC-433 en Laxe, que suporán un investimento de 1,1 M€

Construiranse dous tramos de sendas peonís que suman case 2 quilómetros e que conectarán con outras executados nesta estrada en Soesto e Serantes, conformando un itinerario continuo e seguro 

28/04/2026 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/04/2026 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abordará en Sanxenxo un novo Proxecto de Interese Autonómico para desenvolver solo onde construír 350 vivendas, a maioría protexidas

O ámbito onde se desenvolverá o PIA sitúase na parroquia de Vilalonga e o Concello adquirirá o solo, que logo porá a disposición da Xunta para a delimitación e tramitación do proxecto

27/04/2026 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

Rueda salienta que se destinarán 1,5 M€ a que concellos e empresas reformen inmobles en municipios de menos de 20.000 habitantes

27/04/2026 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita hoxe en 3,6 M€ obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se mellorarán en total 64 quilómetros das vías LU-633, LU-546 e LU-621, con traballos en dez municipios da provincia

24/04/2026 | 19:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará unha nova senda peonil na estrada PO-407 en O Porriño que facilitará os accesos dos escolares ao colexio Cruz de Budiño

A delegada territorial, Ana Ortiz, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, visitaron a zona onde proximamente comezarán as obras cun investimento de 615.000 euros