Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.918 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/02/2026 | 17:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada a partir deste luns, 23 de febreiro

Para acometer os traballos, que inclúen o izado do taboleiro, será preciso o corte completo da calzada, con desvío do tráfico entre o Enlace de Maside (AG-54) e a A-52, a través da estrada N-541

21/02/2026 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 185.000 euros as obras de humanización da praza de Santa María en Ferreira, no concello do Valadouro

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora de parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras

20/02/2026 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta destaca o impulso decisivo ás obras do novo centro de saúde de Vilagarcía, cun investimento de 19 M€ e previsión de poñelo en servizo en 2027

Allegue subliña a conxugación da calidade arquitectónica coa funcionalidade do edificio con forma de dobre U, que se integrará na contorna urbana, xerando dúas prazas, ao tempo que mellora a atención á cidadanía e o espazo para os profesionais que nel traballan

20/02/2026 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As axudas da rehabilitación de inmobles de vivenda de promoción pública da Xunta poderán solicitarse a partir deste vindeiro luns, día 23

A Xunta destinará 1M€ ao fomento da rehabilitación de inmobles de VPP nunha nova quenda desta convocatoria de axudas financiadas con fondos autonómicos

19/02/2026 | 18:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Unión de Consumidores de Galicia coinciden na reivindicación ao Goberno central da transferencia, rescate e a gratuidade da AP-9

Allegue lamentou o que considera un “ninguneo” por parte do Goberno central e reiterou que a Xunta apoiará todas as accións conxuntas que se impulsen desde os colectivos de consumidores, o sector do transporte, o tecido empresarial e o conxunto da sociedade civil galega para esixir unha solución definitiva

19/02/2026 | 16:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo mantén o seu primeiro encontro institucional co alcalde de Noia, Francisco Pérez

A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional co concello para avanzar en proxectos que redunden na mellora da calidade de vida da veciñanza de Noia

19/02/2026 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/02/2026 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/02/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de Antas de Ulla, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite á alcaldesa deste municipio, Pilar García Porto

19/02/2026 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o trámite de información pública do proxecto da senda peonil e ciclista de máis de 2 km entre Viro e Outes, que suporá un investimento de 1,4 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o comezo deste procedemento e desde mañá ata o 7 de abril poderán presentarse suxestións