Actualidad
Buscador de noticias
Marta Villaverde e Anfaco abordan os principais retos da industria conserveira
O correcto etiquetado dos produtos veganos de imitación e a exclusión do atún do Acordo de Libre Comercio con Tailandia, asuntos abordados no encontro institucional
A Xunta convocará os axentes do sector primario para facer fronte común diante das novas políticas europeas para o rural e o mar
A titular de Medio Rural explicou que se trata de xuntar esforzos para defender, unha vez máis, que a nova PAC non pode perder nin a súa natureza nin fondos, e que debe responder ás necesidades do sector primario galego
A Xunta de Galicia licita por 218.000 euros as obras da segunda fase da dragaxe do porto de Cariño
Os documentos e pregos do procedemento están dispoñibles desde hoxe na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia
A Consellería do Mar impulsa a XXI Festa da Vieira de Cambados, que cada ano reúne a máis de 50.000 visitantes
A responsable autonómica destaca a importancia da celebración deste tivo de citas gastronómicas, pois contribúen a por en valor a actividade pesqueira como un dos motores económicos de Galicia
Portos de Galicia, o concello de Baiona e a Fundación Sabadell asinan o convenio para a mellora do peirao da Doca cun investimento de 422.750 euros
A actuación, á que a Xunta aportará 332.750 euros, incluirá o saneamento do peirao e reforzo da estrutura coa retirada da plataforma da explanada así como o pintado cunha imaxe artística
Villaverde aborda coa comisión Mar-Industria da CEG unha resposta conxunta contra á proposta da comisión de recorte do fondo europeo da pesca
A titular de Mar enmarcou este encontro no marco do diálogo constante entre a Administración autonómica e a cadea mar-industria que sustenta o modelo de cogobernanza na xestión pesqueira da comunidade