Actualidad
Buscador de noticias
Manuel Pardo anima a participar no concurso '#ParqueVibras' ao alumnado de secundaria creando vídeos para redes sociais inspirados no patrimonio natural galego
Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos
A Xunta incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras tres exemplares nos concellos da Mezquita, Mondariz e Pontevedra e cinco formacións en Vilagarcía de Arousa
Con estas últimas incorporacións, o catálogo suma xa 202 elementos pertencentes a 84 especies diferentes, repartidas por toda a xeografía galega
A Xunta emitiu este ano preto de 1.100 informes paisaxísticos e aprobou a primeira Estratexia de infraestrutura verde autonómica do país
Durante 2024 o organismo autonómico axudou a 50 concellos e a 348 familias a mellorar a imaxe de vivendas e outras construcións, entregou 24 bandeiras verdes a outros tantos municipios e presentou unha nova guía de integración paisaxística
A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo
No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas
O outono climatolóxico de 2024 na comunidade galega foi moi cálido e húmido
A temperatura media foi de 15,8 graos, 1,4 graos máis que o habitual neste período
A Xunta aposta pola mellora do saneamento de Melide coa incorporación de avances dixitais na súa estación depuradora
Ángeles Vázquez explica que se implantará unha nova plataforma de monitorización en remoto e en tempo real para a recollida continua de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e as posibles desviacións
Galicia lidera un ano máis as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul para 2025, con 55 rutas aspirantes
Marisol Díaz salienta a calidade das propostas e a relevancia do galardón para atraer visitantes á Comunidade e promover un uso público e sostible dos espazos naturais
A Xunta destinará o próximo ano 270.000 € ao sector da caza para optimizar a xestión dos recursos cinexéticos
Ángeles Vázquez avanza que a próxima semana se publicará unha nova convocatoria destas axudas, ás que poderán optar os 449 tecores rexistrados en Galicia para mellorar os hábitats das especies cinexéticas e para construír tobeiras artificiais