Actualidade
Buscador de novas
A Xunta tramita a primeira solicitude de concesión de ocupación no dominio público para cambiar o uso dun dos bens catalogados no litoral
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático somete a información pública a petición do Concello de Vimianzo para ocupar unha superficie de 201 m2 na costa co fin de poñer en valor o antigo muíño de mareas de Cereixo como museo etnográfico
A Xunta organiza unha xornada no parque natural da Serra da Enciña da Lastra para dar a coñecer os avances na investigación sobre a Cova do Santo
No ano 2025 un equipo da Área de Prehistoria da Universidade de Santiago, co apoio de persoal do parque, levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica sistemática co obxectivo de caracterizar os restos atopados nesta cavidade calcaria, considerada o xacemento da Idade de Bronce con máis restos humanos documentados en Galicia
A Xunta investirá 2,5 M€ no proxecto de restauración ambiental da lagoa de Traba, no concello de Laxe
Ángeles Vázquez explica que este ano os traballos se centrarán na redacción do proxecto e que nel se concretarán as actuacións a executar entre 2027 e 2028
Galicia e outras comunidades litorais insisten en reclamar ao Goberno central a paralización da reforma do Regulamento de Costas ata que se reúna a Conferencia Sectorial
O obxectivo é abrir un proceso de diálogo transparente e leal sobre a reforma que puxo en marcha de xeito unilateral o Goberno central e que non só é contraria a dereito e invade competencias autonómicas, senón que vulnera os dereitos adquiridos dos titulares das concesións que se pretenden modificar
A Xunta anima á poboación a consultar a información sobre radiación ultravioleta de Meteogalicia para protexerse dos efectos do sol durante o verán
Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer datos detallados sobre esta cuestión para todos os concellos galegos con previsión hora a hora para o propio día e as dúas xornadas seguintes
A Xunta investiu 838.000 euros nos tres últimos anos na Reserva Nacional de Caza dos Ancares
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na xunta consultiva da entidade, que deu conta dos traballos realizados en bosques autóctonos, sementeiras de cereal, pistas ou rutas
A Xunta dá luz verde ambiental á reordenación da contorna do campo da festa de Santa Lucía de Moraña para uso sanitario-asistencial e zona verde
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
Belén do Campo destaca en Ponteceso o investimento de preto de 190.000 euros para modernizar e dixitalizar o sistema municipal de abastecemento de auga
A representante do Goberno autonómico destacou que na provincia da Coruña o avance da dixitalización da xestión da auga se levou a cabo en 23 concellos da provincia por un importe de máis de 2,3 millóns de euros
A Xunta desenvolve un novo e avanzado sistema de simulación de propagación de grandes incendios que permite anticipar o seu comportamento e apoiar a toma de decisións na súa xestión
Alfonso Rueda explica que o Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal), desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dotará o operativo de loita contra o lume “a partir deste verán” dunha ferramenta propia con capacidade para “adiantarse á realidade, comparar distintos escenarios de evolución e avaliar as medidas de extinción”
A Xunta e o concello da Lama estudan fórmulas de colaboración para a mellora do saneamento municipal
Ángeles Vázquez indica que o persoal de Augas de Galicia analizará a proposta do Goberno local para determinar a súa viabilidade e establecer as posibles vías de colaboración tanto técnica como financeira entre ambas administracións