Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Vilasantar colaborarán na mellora do servizo de abastecemento no lugar de Días
Ángeles Vázquez indica que o persoal de Augas de Galicia analizará a proposta do Goberno local para determinar a súa viabilidade e establecer as posibles vías de colaboración tanto técnica como financeira entre ambas administracións
Rueda defende a capacidade do rural para atraer investimentos industriais, innovadores e que contribúan á transición ecolóxica
Agradece á empresa a súa aposta por seguir mellorando, innovando e consolidando a industria na nosa comunidade á vez que forma o talento para retelo
A Xunta inicia as obras para acondicionar varios tramos do Camiño do litoral cun investimento de 1,1 M€
Ángeles Vázquez explica que nunha primeira fase se acometerán 20 intervencións prioritarias en 16 concellos para resolver as necesidades detectadas máis urxentes
Rueda destaca a importancia de que as empresas galegas compaxinen crecemento e progreso co compromiso co medio ambiente
Subliña que no marco da Alianza galega polo clima as compañías son “aliadas da Xunta para concienciar a todo o mundo, empezando pola xente máis nova”
A Xunta dá luz verde ambiental á instalación dunha planta solar fotovoltaica para autoconsumo no porto exterior de Ferrol-San Cibrao
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta pon a disposición dos concellos axudas para mellorar as súas redes de abastecemento e saneamento por un importe global de máis de 5 M€
Ángeles Vázquez explica que este mes de maio se convocan dúas ordes de axudas destinadas a concellos e entidades locais menores para minimizar as fugas nos sistemas de abastecemento e reducir as infiltracións nos de saneamento
A Xunta anima ao tecido industrial a apostar pola sostibilidade como garantía de éxito e crecemento
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego quere ser un aliado da industria responsable, que cre na innovación e non renuncia a reducir o seu impacto ambiental
Galicia solicita ao Goberno central que defenda na UE a singularidade das plantas de valorización de residuos para evitar que teñan que comprar dereitos de emisión
Nunha carta remitida á vicepresidenta terceira, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático expón que a eventual aplicación do novo Réxime de comercio de dereitos de emisión europeo suporía un grave impacto económico para este sector e, en particular, para Sogama, que recibe os residuos do 97% dos concellos galegos
A Xunta financiará con case 350.000 € a ampliación do roupeiro de Padre Rubinos na Coruña para avanzar no eido da reutilización de residuos téxtiles en Galicia
A intervención, que se executará dividida en dúas fases entre este ano e o que vén, permitirá duplicar a capacidade operativa das instalacións actuais coa execución de traballos en cubertas, fachadas, estruturas, espazos interiores e zonas auxiliares