Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.802 noticias de la C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

19/05/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada xeral de caza comezará o 18 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro de 2027

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2026-2027

18/05/2026 | 16:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial na contorna do encoro da Baxe nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

As tarefas que está a executar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e roza de biomasa e vexetación en camiños do perímetro do encoro

18/05/2026 | 14:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo destaca que a Xunta repartiu no 2026 no Barbanza 29 axudas para actuacións de ‘Fermosismo’ para particulares por un importe de máis de 85.000€

A representante do Goberno autonómico incidiu na importancia de que a cidadanía siga apostando pola execución de pequenas intervención no exterior dos seus inmobles como ferramenta para mellorar a paisaxe e corrixir impactos visuais no territorio

16/05/2026 | 11:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia exporta o seu modelo de xestión de residuos e de inspección ambiental a Macedonia do Norte no marco do proxecto europeo Twinning

Tendo en conta que a infraestrutura operativa de Sogama se sitúa entre as máis modernas e eficientes da súa tipoloxía, a través desta iniciativa a empresa pública galega transfire o seu coñecemento ao país balcánico para que avance cara a un modelo funcional, moderno e eficiente

15/05/2026 | 16:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta polas ferramentas virtuais para axudar á cidadanía a separar ben e dar unha segunda vida a un maior volume de residuos

Ángeles Vázquez salienta que Sogama vai incorporar á súa páxina web un chatbot baseado en intelixencia artificial para dar resposta inmediata ás dúbidas da cidadanía sobre reciclaxe e sustentabilidade

15/05/2026 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon os concellos ourensáns como exemplo de compromiso coa acción climática ao recibir o 42% do orzamento das axudas para o impulso de espazos verdes

Ángeles Vázquez salienta que este é o segundo ano que o Goberno galego convoca unha liña de axudas para apoiar os municipios no desenvolvemento de políticas locais de adaptación fronte ao quecemento global

15/05/2026 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta advirte ao sector gandeiro da importancia de alegar sobre a situación do lobo para frear o intento do Goberno central de declaralo especie vulnerable de xeito totalmente arbitrario

Ángeles Vázquez advirte de que o procedemento de información pública aberto polo Executivo central en relación co informe sexenal da especie é un procedemento non previsto regulamentariamente e co que só se busca prolongar o proceso de remisión dos datos á Comisión Europea

15/05/2026 | 12:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 11,5 quilómetros de varios ríos nos concellos de Ames e Brión

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de catro meses e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

14/05/2026 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede este ano 690 axudas por un importe global de 2 M€ para mellorar a imaxe exterior de vivendas particulares e muros de peche

Ángeles Vázquez salienta que grazas á dotación orzamentaria reservada para a convocatoria de 2026, o número de beneficiarios duplícase respecto a 2025

13/05/2026 | 17:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel da Unidade Especializada de Axentes Medioambientais para velar pola protección e conservación do patrimonio natural

Marisol Díaz sinalou que este equipo abordará determinadas materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren unha especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares