Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía no concello de Cerceda
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta emite o informe ambiental estratéxico do plan básico municipal do concello de Montederramo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve que á vista da documentación presentada e das consultas realizadas o instrumento de ordenación non terá efectos significativos no medio ambiente pero deberán atenderse certas condicións
A Xunta concede axudas por un importe de máis de 72.000 € para executar actuacións de conservación e mellora en 23 árbores e formacións senlleiras
Ángeles Vázquez destaca o esforzo do seu departamento nos últimos anos para apoiar accións de conservación e mellora que axuden a preservar a longo prazo exemplares merecedores de protección pola súa singularidade, historia ou relevancia
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dunha explotación de vacún en Ponteceso
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta construirá unha nova depuradora en Burela cun investimento total de preto de 9 millóns de euros
Ángeles Vázquez salienta que a previsión é licitar as obras este verán e inicialas a comezos de 2027 para contar cunha depuradora máis eficiente que a actual, cunha capacidade de depuración un 50% superior e preparada para atender unha poboación de algo máis de 13.000 habitantes equivalentes
A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización de residuos do sector da construción e demolición no concello de Silleda
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta completa a instalación das válvulas provisionais da presa de Eiras e prevé colocar as definitivas a finais do verán tras investir 2,3 M€
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia decidiu a finais do ano pasado executar estas obras de emerxencia necesarias para garantir o abastecemento a Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, O Porriño, Mos, Salceda de Caselas e Vilaboa, que suman máis de 400.000 habitantes
O Goberno galego avanza na redución de perdas de auga nos sistemas municipais
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou no Concello de Cariño as actuacións realizadas grazas ás axudas de Augas de Galicia
A Xunta defende a necesidade de traspoñer a Directiva europea de enerxías renovables á normativa española para recoñecer o interese público superior dos eólicos
Ángeles Vázquez salienta que a Xunta está a cumprir co mandato comunitario e insiste na importancia de que o Goberno central faga o mesmo para poder impulsar a implantación de proxectos renovables co fin de acelerar a descarbonización
A Xunta investirá 100.000 euros na construción dun parque canino na cidade de Pontevedra este mesmo ano
A infraestrutura estará na zona da Parda e ocupará unha superficie de máis de 2.500 metros cadrados na que os animais poderán correr, xogar e socializar entre eles sen necesidade de levar correas ou bozos