Actualidade
Buscador de novas
A Xunta analizará a viabilidade da proposta do Concello de Lobios para ampliar a senda accesible de Riocaldo na reserva de biosfera Gêres-Xurés
A intención do Goberno local é darlle continuidade ao trazado de 1.250 metros que fora acondicionado o ano pasado pola Consellería cun investimento de máis de 116.800 €
A Xunta aposta pola concienciación da mocidade galega na acción climática para avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións
Paula Uría Incide en que as charlas promovidas pola Xunta permiten ao alumnado poder coñecer proxectos reais e innovadores que se están a desenvolver en Galicia
A Xunta salienta os avances acadados en sostibilidade, eficiencia e transparencia na xestión da costa un ano despois do acordo histórico que permitiu a Galicia asumir a xestión plena do seu litoral
Entre as medidas para axilizar e simplificar a tramitación, Ángeles Vázquez destaca a nova solicitude única e dixital para todos os procedementos, a homoxeneización de taxas e garantías nas tres provincias ou a posta en marcha do portal Galicia Litoral
O Parque Nacional das Illas Atlánticas forma a guías e profesionais sobre a atención a persoas con trastorno do espectro autista nas visitas a espazos naturais
Nesta xornada, que está dirixida a guías, profesionais e persoal do Parque, abordaranse contidos sobre a creación de experiencias accesibles e inclusivas
A Xunta exixe ao Estado suspender a tramitación da reforma do Regulamento de Costas xa que invade competencias exclusivas de Galicia e vulnera dereitos dos titulares de concesións no litoral
O Consello tomou razón hoxe das alegacións presentadas polo Goberno autonómico no marco do proceso de información pública da modificación normativa impulsada de forma unilateral polo Estado
Ángeles Vázquez informa á alcaldesa de Bande das liñas de axudas ás que poden acollerse os concellos en materia de augas
Pon en valor o apoio técnico e económico que a Xunta vén prestando aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar uns servizos de calidade á veciñanza
A Xunta licita por preto de 80.000 euros as obras de mellora do saneamento no Camiño da Torroeira, en Mos
As actuacións enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre os Gobernos autonómico e local co fin de conectar 12 vivendas da zona aos sistemas de tratamento de augas residuais municipais
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para crear un parque e urbanizar unha zona verde no concello de Pontevedra
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de protección do núcleo rural de Santa Eufemia no concello de Baños de Molgas
O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais adversos significativos na contorna