Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

16/12/2025 | 19:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda aposta por impulsar en Galicia un ecosistema industrial baseado na sustentabilidade e na economía circular

“É un gusto que empresas galegas que empezaron moi pouco a pouco, agora teñan este tamaño e sigan tendo claro que o segredo está en facer as cousas ben”, apuntou

16/12/2025 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu nos últimos tres anos máis de 4,3 M€ en axudas ao Concello de Vigo para mellorar a xestión municipal dos residuos

O vigués é un dos municipios de Galicia máis beneficiados polas distintas liñas de achegas para apoiar ás entidades locais no cumprimento das súas obrigas na recollida dos refugallos de ámbito urbano

16/12/2025 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización, clasificación e almacenamento de residuos da construción, en Moeche

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

16/12/2025 | 11:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1 M€ dúas ordes de axudas para previr os danos da fauna silvestre e para contratar persoas que protexan o gando dos ataques do lobo

Haberá achegas para medidas preventivas como a adquisición e mantemento de cans defensores ou a compra de pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada

15/12/2025 | 19:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a reciclar vidro no Nadal pois nestas datas xéranse ata o 20% dos residuos anuais deste tipo

A Xunta lembra que este material se pode reciclar infinitas veces, o que fai que a súa recollida separada se converta no modelo máis eficaz, eficiente e sostible de todos

15/12/2025 | 14:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por preto de 600.000 euros as axudas para compensar os danos causados polo lobo ao sector agrogandeiro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de subvencións destinadas a paliar o impacto causado por esta especie nas explotacións da comunidade

15/12/2025 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 7 quilómetros nos ríos Mandeo, Mendo e Xerpe, nos concellos de Betanzos e Paderne

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

15/12/2025 | 10:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 50.000 euros a axudas coas que impulsar accións divulgativas e de vixilancia fluvial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se ofrecen incentivos ás entidades colaboradoras de pesca continental galegas para o ano 2026

14/12/2025 | 10:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións a un novo matadoiro de capón de Vilalba e polo ecolóxico no polígono industrial de Sete Pontes

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre o entorno sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e no resto da documentación avaliada

13/12/2025 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga pola adopción responsable de animais domésticos e eloxia o labor de concellos e entidades protectoras para garantir o seu benestar

Ángeles Vázquez lembra que as persoas interesadas en facerse cargo dun animal abandonado poden solicitar axudas de ata 150 euros no caso dos cans e de 125 euros no dos gatos para cubrir os primeiros gastos veterinarios e de identificación