Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

29/10/2025 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 35.000 € á mellora das instalacións de tres comunidades de usuarios de augas no concello de Forcarei

O delegado territorial visitou as instalacións da Comunidade de Usuarios de Augas de Quintillán que recibiu unha achega de 12.000 euros

29/10/2025 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca os avances nas obras da nova EDAR de Foz, con remate previsto para o próximo ano e que permitirá dar servizo a case tres veces máis poboación

Cun grao de execución do 40 %, o proxecto ten un custo de 14,2 M€ e resolverá as dificultades da actual depuradora para dar resposta ás necesidades do municipio

29/10/2025 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na posta en marcha do mercado voluntario de carbono de Galicia para compensar emisións con proxectos que reduzan ou absorban CO2

O DOG publica hoxe o decreto polo que se regula un novo sistema para canalizar a compra de créditos de carbono por parte de empresas, entidades ou cidadanía

28/10/2025 | 18:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cambre asinarán un convenio para o arranxo de infraestruturas no río Mero

A intervención comprometida, cun investimento estimado de preto de 900.000 euros, centrarase nunha extensión duns 17 quilómetros

28/10/2025 | 16:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inclúe no novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral un total de 1.582 construcións

De todos os elementos inventariados ao longo da costa galega, máis da metade serían susceptibles de novos usos compatibles coa conservación dos seus valores

28/10/2025 | 16:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 90.000 € na mellora das instalacións de sete comunidades de usuarios de augas da área de influencia de Pontevedra

O delegado territorial visitou as instalacións da Comunidade de Usuarios de Augas de Xende, na Lama, que recibiu unha achega de 15.000 euros

28/10/2025 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará á UE os proxectos galegos que optan a financiamento do Fondo Social polo Clima ante a deixadez de funcións do Goberno central

Ángeles Vázquez denuncia que o Goberno central non presentou o Plan Social para o Clima, no que se plasmarían as actuacións a financiar en España a través dese Fondo impulsado pola UE, que conta cun orzamento de 9.000 M€

28/10/2025 | 12:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a enxeñaría galega como ferramenta clave para afrontar a xestión do litoral e a loita contra o cambio climático

Ángeles Vázquez explica que na xestión integrada da costa, a enxeñería vai ser determinante en áreas como a recuperación de bens de valor cultural, as infraestruturas ou a implantación de novos proxectos produtivos

27/10/2025 | 15:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cenlle estudan a mellora da rede de abastecemento na parroquia de Laias

Ángeles Vázquez indica que o persoal técnico de Augas de Galicia analizou a documentación aportada polo Concello, e, a continuación, avaliaranse posibles vías de colaboración para acometer o seu financiamento

27/10/2025 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na tramitación da futura Lei de administración ambiental simplificada, que unificará a normativa galega e integrará distintos trámites para reforzar a seguridade xurídica e gañar axilidade

Rueda anuncia que o Consello autoriza someter a información pública e audiencia o anteproxecto co fin de remitilo ao Parlamento no primeiro trimestre de 2026