Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo anuncia un investimento de 30.000 € na praia da Ribeira de Miño dentro das axudas para preservar e mellorar a reserva da biosfera as mariñas coruñesas
A representante do Goberno autonómico destacou que estas axudas van dirixidas a financiar actuacións, estudos e investimentos por parte de concellos localizados nalgunha das sete reservas da biosfera existentes en Galicia e que teñan como obxectivo común avanzar na conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural destes espazos
A Xunta licita o contrato de asistencia técnica para a vixilancia e seguimento de vertidos de augas residuais na demarcación Galicia-Costa por valor de 3,3 M€
As empresas interesadas en prestar o servizo teñen de prazo ata o 25 de marzo para presentar as súas propostas
A Xunta recupera a contorna fluvial do río Lérez, en Pontevedra, coa plantación de especies autóctonas de ribeira e a eliminación de invasoras
Ángeles Vázquez explica que se actuou nunha superficie de 13,5 hectáreas nun tramo de 3,5 quilómetros co obxectivo de dotar á veciñanza da cidade dun espazo de lecer verde moi próximo aos seus domicilios
A Xunta completa o acondicionamento dun espazo no concello de Castro de Rei para favorecer a nidificación e cría do Mazarico Real en Galicia
O Executivo galego traballa co fin de promover o asentamento e reprodución desta especie migratoria en perigo de extinción da que cinco exemplares adoitan visitar territorio galego entre os meses de febreiro e xullo
A Xunta advirte de que o Goberno central prepara unha nova zonificación ambiental vinculante que agravará a parálise do sector eólico en Galicia
Ángeles Vázquez defende que a Comunidade é a única administración competente para identificar as áreas máis idóneas ambientalmente do seu territorio para o desenvolvemento eólico, nas que se deben simplificar os trámites administrativos
A Xunta pide ao Goberno central que retire canto antes o lobo do listado de especies con protección especial pois a súa situación en Galicia é favorable
Ángeles Vazquez destaca que a comunidade remitiu os datos sobre a presenza da especie na comunidade de cara á elaboración do informe sexenal e lembra que desde a inclusión no Lesrpe os avisos de ataques aumentaron máis dun 75%
MeteoGalicia inclúe na súa web unha nova sección de clima que pon á disposición da cidadanía o resumo estatístico dos datos meteorolóxicos desde o ano 2000
Esta información permitirá saber se os datos rexistrados de parámetros como a temperatura, precipitación ou vento son os habituais ou se superan algún récord
A Xunta lembra que son os técnicos os que determinan se proxectos industriais como o de Altri son viables ou non e insta a deixalos traballar sen presións
Ángeles Vázquez defendeu o labor escrupuloso, rigoroso e exhaustivo que realizan os profesionais do Executivo galego e incidiu en que o procedemento ambiental ao que se someten este tipo de iniciativas é totalmente garantista