Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta ultima a tramitación do anteproxecto da Lei do clima de Galicia e do Plan de xestión para o monumento natural Costa de Dexo
Ángeles Vázquez indica que o proxecto normativo autonómico, que está previsto que sexa aprobado polo Consello da Xunta nas vindeiras semanas, consolidará Galicia á vangarda da loita contra o quecemento global e da transición enerxética
Galicia e outras cinco autonomías instan ao Goberno central a reformar a lexislación de costas para unha xestión máis eficiente e adaptada a cada territorio
Galicia, Canarias, Murcia, Baleares, Andalucía e a Comunidade Valenciana asinaron un manifesto pola defensa do litoral español e a súa xestión responsable
Augas de Galicia informa ao concello das Pontes de que estarán dispoñibles máis de 2.100 l/s para novos usos
A nova capacidade débese á modificación da concesión de auga a Endesa que, tras o desmantelamento da central térmica, pasa de consumir 2.560 l/s a 390 l/s
Ángeles Vázquez pon as árbores senlleiras da casa-museo Rosalía de Castro como exemplo de conservación de exemplares de alto valor histórico e cultural
A Camelia de Rosalía e o Loureiro dos Poetas súmanse á figueira que xa estaba catalogada como exemplar senlleiro de Galicia
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de reforma interior que permitirá ordenar o espazo ao carón do museo provincial de Lugo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que o desenvolvemento urbanístico proposto non terá efectos ambientais adversos sempre que se teñan en conta as condicións fixadas no propio informe
A Xunta devolve ao medio natural un exemplar de mazarico real tras completar con éxito a súa cría no Centro de recuperación de fauna do Veral
Ángeles Vázquez salienta que Galicia traballa co fin de promover o asentamento e reprodución desta especie migratoria, en perigo de extinción e da que cinco exemplares adoitan visitar o territorio galego entre os meses de febreiro e xullo
A Xunta constitúe o Comité que impulsará as actuacións de carácter estratéxico definidas na Lei do litoral
O comité analizou os últimos avances nos traballos de elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral, coa execución de visitas de campo para actualizar os datos dispoñibles, e no deseño da Gran senda pola costa que conectará Ribadeo e A Guarda
A Xunta salienta que o novo convenio marco cos xestores de pilas e acumuladores incrementa as compensacións aos concellos adscritos en máis dun 20%
Ángeles Vázquez explica que as entidades locais pasarán dos 490 €/t que recibían ata o de agora aos preto de 590 €/t que recolle o novo acordo marco
A Xunta adxudica por 42.600 € a elaboración dun plan específico para zonificar a implantación de vertedoiros de residuos non perigosos en Galicia
Grazas a esta ferramenta, pioneira en todo o país, poderá determinar que lugares son aptos ou non para albergar novas instalacións deste tipo, aliviando a presión sobre as xa existentes e minimizando o seu posible impacto ambiental e paisaxístico
A Xustiza dá de novo a razón a Augas de Galicia fronte ao concello de Vigo e ratifica a xestión, conservación e mantemento da presa de Eiras
Tódolos pronunciamentos xudiciais en relación a xestión da presa veñen confirmar a legalidade da actuación da Xunta de Galicia