Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso da comunidade educativa coa concienciación ambiental a través do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’
Agradece a implicación dos cadros directivos e do profesorado nesta iniciativa que vai permitir que máis de 31.600 escolares se formen na importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente
Rueda anuncia que a Xunta inicia a elaboración das directrices de ordenación do litoral, que serán o instrumento clave para garantir a xestión integral da costa
Explica que o seu obxectivo principal será fixar os criterios para xestionar as actividades estratéxicas na franxa costeira co propósito de garantir o equilibrio entre os recursos naturais e os ecosistemas co desenvolvemento económico e social
A Xunta licita por 3,76 M€ as obras de mellora do abastecemento no municipio de Ares
A actuación ten como fin poñer á disposición da veciñanza auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo
A Xunta pon en valor MeteoGalicia e os protocolos que aplica para garantir que a comunidade estea mellor preparada ante os efectos dos eventos adversos
Ángeles Vázquez explica que cun cadro de persoal integrado por 25 persoas, o organismo meteorolóxico autonómico ofrece o seu servizo os 365 días ao ano e apóiase nunha rede de arredor de 160 estacións de medición e 46 de calidade do aire
A Xunta destinará 3,27 M€ ás obras para reducir nun 62% o consumo enerxético de fontes non renovables do edificio da Consellería de Medio Ambiente
Cun prazo de execución dun ano, Ángeles Vázquez explica que a intervención se centrará na renovación da envolvente térmica e na optimización da eficiencia enerxética da edificación para garantir unha mellora “visual, ambiental e de confort”
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 4,3 km do rego do Pazo, no Concello de Trazo
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Martina Aneiros destaca a colaboración entre administracións e entidades locais como garante da continuidade do proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal
Destaca a iniciativa como exemplo de como o turismo pódese converter en “motor de sustentabilidade, impulsando un desenvolvemento equilibrado que respecte a esencia das paisaxes e contornas e redunde en beneficio de quen as habita”
A Xunta reivindica Galicia como refuxio climático natural para atraer visitas en calquera época do ano
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego aspira a que a Comunidade sexa identificada como un lugar “amable, sostible e saudable” para vivir e desfrutar
Ángeles Vázquez anima ao alumnado de secundaria a participar no concurso #ParqueVibras e promocionar os parques naturais galegos con vídeos para redes sociais
Salienta a importancia de concienciar á mocidade no coidado da riqueza ambiental e da biodiversidade da Comunidade