Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

03/07/2025 | 16:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avalía co Concello de Bueu e coa veciñanza de Ons posibles melloras coas que optimizar os servizos prestados á cidadanía da illa

O Executivo galego lembra que vai dotar ao arquipélago dun novo sistema de grupos electróxenos para mellorar a subministración eléctrica ao tempo que traballa nun proxecto para instalar placas fotovoltaicas co que facer que o servizo sexa máis eficiente e respectuoso co medio ambiente

03/07/2025 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á mocidade a actuar de xeito respectuoso co medio ambiente e levar as prácticas sostibles ás súas actividades de lecer

A campaña Van polo Clima pon á disposición dos máis novos en festivais musicais e campamentos de verán información relacionada co clima, actividades de carácter lúdico e charlas inspiradoras por persoas de referencia neste eido 

03/07/2025 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia aposta polas políticas activas ante o cambio climático e a xestión integrada dos recursos hídricos nos seus investimentos e liñas de acción en 2025

Roi Fernández salienta o incremento do orzamento da entidade pública empresarial para este ano, que sobe de 137 M€ a 144 M€, o que supón case un 5 % máis

03/07/2025 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traballa co sector para aproveitar as oportunidades que ofrece a transformación industrial derivada da aposta por un modelo de economía circular

María José Echevarría salienta que neste momento de escaseza de certas materias primas a nivel mundial é fundamental optimizar o aproveitamento dos recursos e tirar de enxeño para utilizar refugallos ou subprodutos que antes se desbotaban

02/07/2025 | 14:38 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende reforzar unha visión territorial da Unión Europea con motivo dos 40 anos da adhesión de España

Demanda maior peso das rexións á hora de xestionar os fondos europeos e salienta a gobernanza descentralizada como unha das grandes fortalezas da Unión Europea

02/07/2025 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e os concellos de Ribadeo e Trabada colaborarán para garantir o abastecemento a preto de 10.000 habitantes cun investimento de 8,5 M€

Ángeles Vázquez salienta a importancia do proxecto para esta zona, cunha rede de fai 40 anos e con continuas avarías polo que non garante a cobertura da demanda

01/07/2025 | 16:40 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asume a xestión plena do litoral co obxectivo claro de conxugar a protección ambiental co desenvolvemento socioeconómico de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que a comunidade recibe as funcións e servizos traspasados pola Administración Xeral do Estado sobre a ordenación dos espazos de dominio público marítimo-terrestre

01/07/2025 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta insiste na reunión da comisión mixta co Consello de Seguridade Nuclear en ter a debida información sobre os bidóns con residuos nucleares depositados na foxa atlántica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, pediu que se trasladen  de xeito oficial as xestións que se están a realizar para coñecer o estado dos bidóns 

30/06/2025 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación Eólica Galega lamentan que o Goberno central perdese outra oportunidade para garantir a seguridade xurídica do sector

Avaliaron a repercusión do Real Decreto para o reforzo do sector eléctrico sobre os proxectos eólicos e coincidiron en indicar que chega tarde e mal

30/06/2025 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda resalta que a Xunta asume desde mañá o autogoberno pleno da súa costa coa posta en marcha dunha nova canle de información cidadá e da solicitude única para todos os trámites do litoral

Anuncia que a Xunta habilitará un servizo telefónico a través do 012 para resolver dúbidas e consultas sobre calquera trámite vencellado a actividades na costa e un novo espazo web, ‘Galicia Litoral’, con información de interese na materia