Actualidade
Buscador de novas
Medio rural reforza a súa aposta pola transformación e comercialización de produtos agrarios
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se amplía a dotación orzamentaria destas axudas en 4 millóns de euros
A Xunta inviste preto de 73.000 euros na mellora das infraestruturas rurais no Concello de Crecente
Esta localidade recibiu esta achega económica ao abeiro das axudas destinadas a mellorar os servizos básicos no rural e fixar poboación
Medio Rural inviste máis de 70.000 euros para fomentar a xestión forestal sustentable no Concello de Cuntis
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, visitou hoxe este municipio, no que se levaron a cabo actuacións ao abeiro das achegas para fomentar a silvicultura produtiva de coníferas e a mellora ambiental de frondosas e soutos
Medio Rural incrementa en 4 M€ a dotación das axudas para apoiar a transformación e comercialización de produtos agrarios
María José Gómez destacou que estas achegas poñen de manifesto o compromiso da Xunta coa industria agroalimentaria galega e lembrou que Executivo autonómico destinou 195 M€ desde 2016 a financiar máis de 600 proxectos con estas subvencións
Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña
O lume, que se iniciou onte domingo ás 17,58 horas, afectou finalmente unha superficie de 14 hectáreas, 7 delas de monte arborado e as 7 restantes de raso
Medio Rural destaca o valor da rede galega de máis de 80 viveiros que producen preto de 10 millóns de plantas forestais de alta calidade xenética
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe as instalacións de Viveiros Growin, onde destacou que Galicia conta cunha das redes máis amplas do país, na que se producen arredor de 1,4 millóns de frondosas autóctonas
Controlado o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña
O lume iniciouse ás 17,58 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Rueda destaca que a Xunta destina máis de 4 M€ á mellora e ampliación da base contra incendios forestais de Antela
As obras, que se iniciarán este mesmo ano unha vez que remate a tempada de alto risco de lumes, consistirán na construción dunha pista, plataforma e accesos, así como no levantamento dun novo edificio que albergará os pilotos
Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Cuíña
O lume iniciouse ás 17,58 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas