Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural destaca o papel referente da estación de viticultura e enoloxía de Galicia para a investigación e mellora do sector
A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións deste centro con motivo do seu 40 aniversario e lembrou o seu traballo preservando a diversidade, impulsando a innovación e garantindo a sustentabilidade da viticultura galega
A Xunta traslada a súa disposición a seguir colaborando cos concellos de Valdeorras e compartir a súa experiencia para evitar a chegada das cinzas dos incendios aos ríos
O Executivo galego lembra que as competencias na xestión do dominio público hidráulico e dos servizos de abastecemento de auga á poboación na provincia de Ourense corresponden ás Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil e do Douro
Rueda resalta o apoio da Xunta ao sector vitivinícola con máis de 12 M€ reservados a axudas nos orzamentos de 2026
Destaca o seu papel á hora de fixar poboación, dinamizar a economía do rural e atraer novos turistas á comunidade
Medio Rural organiza esta fin de semana unha xornada de especialización e innovación na produción da Faba de Lourenzá
A iniciativa levarase a cabo este venres e sábado no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo
Medio Rural reforza os apoios para favorecer unha correcta xestión da biomasa nas faixas secundarias con 25 M€ para 2026
Duplícase o orzamento no convenio coa Fegamp e Seaga para axudar a concellos e particulares nas súas obrigas de xestión da biomasa
A Xunta avanza nos procesos de reestruturación parcelaria de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Castroverde
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, presidiu o comité asesor que deu o visto bo aos plans de ordenación de predios e á continuidade dos proxectos en San Fiz de Paz, Viladonga e Riomol
Medio Rural abre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados
As persoas interesadas deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono
Medio rural inviste máis de 300.000 euros para renovar a ponte da Maquía para facilitar as comunicacións entre os concellos de Ordes e Frades
A conselleira María José Gómez visitou hoxe estas obras, que favorecerán o tránsito de vehículos agrícolas e impedirán os asolagamentos nos terreos adxacentes cando se produzan enchentes
Medio Rural incrementa un 50 % o investimento para 2026 en prevención contra incendios forestais e intensifica os apoios a particulares e concellos
Lembrou que o convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias coa Fegamp e Seaga duplicará o seu orzamento ata os 25 millóns de euros e tamén recordou o reforzo en medios e bases aéreas
A Xunta afianza a súa aposta pola apertura dos seus produtos alimentarios a novos mercados internacionais no Gastronomic Forum
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe na inauguración do evento, no que o Goberno autonómico participa cun espazo de Galicia Calidade