Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que a Xunta xa concedeu 42 axudas por un importe de 2,9 M€ para propietarios das vivendas afectadas pola vaga de lumes do verán
Salienta a resolución doutras 10 achegas para negocios ou empresas afectadas por valor de 280.000 € e 36 para a recuperación de Tecores e espazos naturais protexidos
Medio Rural amplía ata os 3,6 M€ a dotación da segunda convocatoria deste ano das axudas para uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde correspondente, autorizando un aumento dos fondos que se suman aos 2,4 M€ da primeira convocatoria deste 2025, que beneficiou 34 cooperativas e sociedades agrarias de transformación fusionadas
Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas
O lume deuse por extinguido ás 17.40 horas de hoxe e segundo as últimas medicións afectou finalmente unha superficie de 31 hectáreas, 20 de monte arborado e as 11 restantes de raso
Controlado o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas
O lume deuse por controlado ás 14.05 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas
A Xunta subliña o papel protagonista da muller no rural galego e a súa achega ao sector agrogandeiro
A conselleira do Medio Rural e a directora xeral de Promoción da Igualdade participaron en Lalín na clausura do I Encontro adicado á Muller Rural
Estabilizado un incendio forestal no concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas
O lume quedou estabilizado ás 07.30 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas
A Xunta pon en marcha unha nova acción de promoción da calidade agroalimentaria galega nas prazas de abastos
A conselleira do Medio Rural e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participaron hoxe na posta en marcha dunha iniciativa piloto no mercado de abastos de Santiago de Compostela, baixo a denominación de MercaDO BO
Medio Rural duplicará no 2026 o seu orzamento para intensificar os labores de inspección e axilizar os traballos de xestión da biomasa arredor das aldeas
A Consellería pasa dun investimento de 7,75 a 15,5 M€ no convenio coa Fegamp e, ao mesmo tempo, crearase un Fondo de Garantía de Limpeza de Franxas dotado con outros 10, ata superar así aos 25 M€ para esta finalidade