Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.018 novas da C. de Política Social e Igualdade:

10/07/2026 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 1,8 M€ a 54 concellos e 3 mancomunidades ourensás a prol da conciliación, a través do plan corresponsables

O delegado territorial destacou que a Consellería de Política Social e Igualdade financiou con 6,5 millóns de euros do Plan Corresponsables diferentes campamentos de verán e actividades para nenas e nenos de ata 16 anos nos períodos non lectivos en máis de 200 concellos galegos

10/07/2026 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta distingue coa Medalla Emilia Pardo Bazán a Asociación Saúde Mental A Mariña, á xuíza María Josefa Ruiz Tovar e ás pioneiras do fútbol de Crendes

Os galardóns recoñecen o labor e as accións desenvolvidas polas persoas premiadas en favor da igualdade de xénero entre mulleres e homes en Galicia

09/07/2026 | 16:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que Ponteceso acollerá un novo centro residencial que contará con 140 prazas

A residencia, de case 6.000 metros cadrados, construirase nunha parcela no centro urbano e incluirá módulos de convivencia e varios apartamentos tutelados

09/07/2026 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores ratios de acollemento familiar de España

É a segunda rexión onde máis nenos e adolescentes en situación de desamparo poden vivir nun fogar cunha familia acolledora

09/07/2026 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a escola infantil e o centro de día de Baiona cun investimento de 62.000 euros

Na escola cambiáronse recentemente as fiestras das aulas, dos comedores, da cociña, dos almacéns e do despacho de dirección 

08/07/2026 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta confirma que o CAPD de Ourense ten cuberta a práctica totalidade das prazas residenciais e xa recibe os primeiros usuarios do centro de día

O recurso público está a operar con total normalidade despois dunha posta en marcha de xeito escalado que tivo como obxectivo garantir a calidade na atención

08/07/2026 | 17:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola Garcia resalta que Galicia é unha das mellores comunidades na xestión da dependencia pese aos incumprimentos do Goberno central

Pon en valor a redución da lista de espera e dos tempos de tramitación en máis de dous meses e medio

08/07/2026 | 17:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola colaboración interinstitucional para mellorar os vínculos afectivos e as dinámicas relacionais da mocidade

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, agradeceu ao IIS Galicia Sur a creación dunha novela gráfica para achegar información sobre as ITS e a súa prevención

08/07/2026 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca os 24 centros de maiores municipais postos en marcha con apoio da Xunta e avanza 1.800 novas prazas en residencias

Lembra que a Xunta destinou 18,5 M€ de fondos europeos a apoiar aos concellos do rural na construción e ampliación de residencias e centros de día

08/07/2026 | 14:37 | C. de Política Social e Igualdade

Preto de medio cento de nenos e nenas gozan das actividades do ‘ConciliaTea’ grazas ao Plan Corresponsables da Xunta

O concello de Ponteareas é un dos 30 beneficiarios das axudas do Plan Corresponsables que deixaron na provincia máis de un millón de euros para impulsar servizos que faciliten a conciliación das familias