Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.022 novas da C. de Política Social e Igualdade:

29/10/2025 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García esixe ao Goberno central que as axudas para persoas con ELA cheguen a todos os doentes e non só aos que están na fase máis avanzada da enfermidade

A conselleira explicou que, cos condicionantes impostos polo Executivo central, os apoios económicos comprometidos chegarán só ao 5 % dos doentes

28/10/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía os avances nos traballos do futuro fogar residencial municipal de Fornelos de Montes

Destínanse máis dun millón de euros a financiar as obras deste centro, co que se crearán 12 novas prazas públicas para a atención de persoas maiores

28/10/2025 | 11:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca a orde de axudas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís de iniciativa social

O orzamento desta liña de subvencións supera os 1,2 millóns de euros e permitirá a estes centros ofertar o servizo de comedor co mesmo custo que ten nos da rede pública autonómica

27/10/2025 | 19:09 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas en Galicia na conmemoración dos 600 anos da chegada deste pobo á Península Ibérica

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participaron na celebración desta efeméride xunto coa Fundación Secretariado Xitano

26/10/2025 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta conmemora o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido acompañando as familias e usuarios nunha xornada de lecer

A  directora xeral de Persoas con Discapacidade enxalzou o papel das entidades sociais que traballan cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral

25/10/2025 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte
25/10/2025 | 11:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa participación das persoas con síndrome de Down en todos os ámbitos da sociedade

O delegado territorial, Javier Arias, interviu en Ribadeo no foro ‘Tan iguais coma diferentes’, onde destacou que o Goberno galego traballa da man das entidades como Down Galicia para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades