Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 3.021 noticias de la C. de Política Social e Igualdade:

30/07/2025 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García acompaña a 200 usuarios de sete residencias de maiores da Xunta na súa primeira xornada de confraternización

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que a xornada de convivencia representa a aposta do Executivo galego por seguir impulsando a vida pública e social na terceira idade

30/07/2025 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía coa asociación Doa o transcurso dos seus programas de acompañamento e atención á saúde mental

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou o compromiso do Executivo galego co tecido asociativo na atención ás persoas que máis o precisan

29/07/2025 | 13:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que a nova central multicanle en colaboración coa Cruz Vermella permitirá tecer unha rede contra a soidade non desexada

O servizo ofrecerá atención telefónica gratuíta, seguimento personalizado e puntos presenciais en toda Galicia para detectar e acompañar a quen se atope en situación de illamento

28/07/2025 | 17:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor que desenvolve o centro de día de Campo Lameiro no fomento dun envellecemento activo e saudable

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria tamén puxo en valor a unidade de vida activa deste centro que promove a autonomía dos usuarios

28/07/2025 | 14:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo visita Íntegro en Cabana de Bergantiños para poñer en valor o seu labor pola inclusión das persoas con diversidade funcional na Costa da Morte

A delegada da Xunta destacou o apoio que recibe esta entidade de case 500.000 euros a través das Consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, da de Cultura, Lingua e Xuventude e da de Política Social e Igualdade para garantir o óptimo funcionamento desta entidade

28/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a atención ás mulleres vítimas de violencia sexual cun centro de crise 24 horas no HULA

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o servizo facilita intervención especializada e acompañamento integral en función da demanda das usuarias

27/07/2025 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que segue aberto o prazo da convocatoria de axudas para programas de entidades do Terceiro Sector con cargo ao 0,7% do IRPF

O orzamento inicial destas axudas é de 33M€, que podería elevarse ata 35M€, o que supón un incremento do 7% con respecto á anterior convocatoria

25/07/2025 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recorda que os proxectos de emprendemento feminino galegos poden acollerse ás axudas do programa Emega

A convocatoria contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros

23/07/2025 | 15:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que coa adhesión do hotel do Faro de Fisterra xa son case 900 os establecementos galegos que ofrecen descontos co Carné +65

A conselleira entregou ao persoal do complexo o distintivo que acredita como adherido a este carné e grazas ao que ofrecerá un 10% de desconto aos maiores de 65 anos