Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.746 novas da A Presidencia da Xunta:

03/03/2026 | 19:15 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende os intereses do agro galego en Bruxelas ante os desafíos do acordo con Mercosur e da nova PAC

Demanda á Comisión Europea que se cumpra o Regulamento de salvagardas no acordo con Mercosur e que se intensifiquen os controis nas fronteiras

02/03/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta comeza a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia

Salienta que o obxectivo é “reforzar a protección e atención dos menores” e “poñer a infancia no centro de todas as políticas” da Administración

02/03/2026 | 15:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que Galicia pecha o 2025 sen déficit e mantendo un alto nivel de execución orzamentaria, o que permite reforzar as políticas de gasto en servizos públicos

Sinala a boa execución do orzamento, que se sitúa no 97,4%, e dos fondos propios, que chega ao 101 % dos créditos iniciais

01/03/2026 | 10:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda subliña que o acelerador de protóns é xa unha realidade que marcará un antes e un despois no tratamento do cancro en Galicia

O Centro de Protonterapia de Galicia será o primeiro centro público de España e conta xa co acelerador plenamente instalado

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

28/02/2026 | 14:44 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Festa da Arribada como un referente da "Galicia Calidade" que coida a súa historia e a transforma nun motor turístico

Agradece tanto a comerciantes e asociacións culturais como á veciñanza de Baiona a súa implicación para que a celebración se converta cada ano nun atractivo para locais e visitantes

27/02/2026 | 15:07 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o apoio da Xunta ao sector primario nun momento clave e aposta por impulsar medidas para seguir fortalecéndoo

Lembra que o Goberno galego asinou un documento de consenso coas organizacións profesionais agrarias Asaga e Unións Agrarias para pedir garantías reforzadas ante a entrada en vigor do tratado de Mercosur

26/02/2026 | 19:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica a colaboración público-privada e o papel das entidades financeiras como aliadas estratéxicas do tecido produtivo

Reitera o apoio do Goberno autonómico ao empresariado e aos emprendedores e aposta por seguir cooperando con “lealdade” xa que a Galicia Calidade é “cousa de todos”

26/02/2026 | 14:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca os avances de Galicia no tratamento e prevención do cancro e aposta por seguir afondando na humanización da sanidade

Sinala que o Goberno galego investiu 1 M€ na transformación da terraza do hospital de Santiago nun espazo acolledor ao servizo dos pacientes oncolóxicos