Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.744 novas da A Presidencia da Xunta:

01/09/2025 | 15:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que Galicia será pioneira ao regular por lei o uso das novas tecnoloxías nas aulas dos centros educativos

Avanza que  será a través da Lei de educación dixital que será aprobada logo dun proceso participativo

01/09/2025 | 15:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta completa as primeiras actuacións para evitar que as cinzas cheguen aos ríos de Galicia-Costa e intensificará os labores de protección fluvial

Rueda resalta que o Goberno autonómico leva semanas “traballando para previr as posibles consecuencias dos lumes” nos ríos

01/09/2025 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que o Bono Coidado no Fogar beneficia xa a 33.000 persoas e permitiu duplicar o número de dependentes que son atendidos na contorna familiar

Salienta a boa acollida desta axuda directa de 5.000€ anuais para todos os dependentes atendidos no seu domicilio sen importar o seu nivel económico

29/08/2025 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que este mesmo luns xa poderán solicitarse as axudas da Xunta para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios

Asegura que “todas as persoas con dereito ás axudas van recibilas”, sen límite de importe total

27/08/2025 | 14:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a apertura de 16 oficinas en toda Galicia para atender con axilidade ás persoas afectadas polos incendios

Lembra que este venres o Consello da Xunta extraordinario aprobará axudas para os veciños e concellos afectados polos lumes, como xa pasou coa comarca do Courel en 2022

26/08/2025 | 14:57 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia a desactivación do nivel 2 de emerxencia na provincia de Ourense e reitera o compromiso da Xunta coa loita contra os incendiarios

Pon en valor o traballo conxunto de técnicos e bombeiros forestais, axentes medioambientais, forzas de seguridade e equipos técnicos que permitiron estabilizar a situación

25/08/2025 | 15:28 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda reclama máxima vixilancia fronte aos incendiarios e medidas urxentes para evitar escorrentías nas zonas queimadas

O Goberno galego prepara un plan específico para evitar arrastres de terra e enchentes en áreas críticas, especialmente na provincia de Ourense

22/08/2025 | 16:07 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a necesidade de manter a presenza cando menos do Exército durante a fin de semana para axudar en labores de contención e recanalización

Destaca que, se ben na provincia de Ourense a situación evoluciona favorablemente, non se pode baixar a garda