Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que a mellora do saneamento en Marín beneficia a calidade das augas de toda a ría de Pontevedra
A Xunta inviste 4,1 M€ nestas actuacións que inclúen a instalación dun novo colector fóra do leito do río, un novo tanque de tormentas e a mellora do bombeo, así como a creación dunha senda peonil e novos espazos públicos para a veciñanza
Rueda destaca que a Xunta destina máis de 4 M€ á mellora e ampliación da base contra incendios forestais de Antela
As obras, que se iniciarán este mesmo ano unha vez que remate a tempada de alto risco de lumes, consistirán na construción dunha pista, plataforma e accesos, así como no levantamento dun novo edificio que albergará os pilotos
Rueda destaca o apoio de 2,5 M€ da Xunta á comunidade galega en Venezuela, con partidas específicas para ás persoas afectadas polo terremoto de xuño
O Consello analizou hoxe un informe sobre esta liña de achegas extraordinaria, que publicará este mércores o DOG, e sobre outros apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aos que teñen acceso as persoas galegas no país caribeño
Rueda anuncia unha guía práctica para axilizar os trámites de avaliación ambiental e dar seguridade xurídica aos proxectos que se instalen en Galicia
Salienta que se trata dun manual “pioneiro en España”, ao abeiro da Lei de recursos naturais, e que busca establecer un marco metodolóxico común na valoración dos impactos sociais, económicos e ambientais de calquera proxecto
A Xunta solicita a convocatoria da Comisión Bilateral co Estado para garantir unha transferencia da AP-9 con plena seguridade xurídica e financeira
Rueda alerta de que a lei para o traspaso aprobada no Congreso incorpora “modificacións substanciais” respecto á acordada por unanimidade no Parlamento
Rueda destaca o sector do viño como motor económico, turístico e cultural “do que sentirnos orgullosos”
“Agradezo o seu esforzo e a súa implicación a todo o mundo do viño do Salnés e do resto de Galicia: desde os viticultores, os adegueiros, os hostaleiros ou toda a industria que xira ao redor do enoturismo que nos ten que dar enormes alegrías”, indicou