Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.662 novas da C. de Sanidade:

10/06/2026 | 17:31 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade presenta na Mesa Sectorial as conclusións do grupo de traballo para a reforma das axendas de Atención Primaria, que procura un modelo máis proactivo e resolutivo

Proponse un sistema de axendas de calidade con tempos mínimos de consulta, a redución de tarefas administrativas ineficientes dos médicos e a potenciación da figura dos xefes de servizo de atención primaria

10/06/2026 | 15:39 | C. de Sanidade

A Xunta reforza o seu compromiso cunha sanidade máis humana, que incorpora a experiencia dos pacientes e recoñece o valor das persoas coidadoras

O titular de Sanidade pon en valor a Estratexia de Humanización do Sergas, nacida coa vontade de avanzar dende un modelo centrado na enfermidade cara a outro centrado na persoa

10/06/2026 | 13:50 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a participación de case 2.000 alumnos de 38 centros no programa Clases sen Fume, que leva 24 anos previndo o tabaquismo na mocidade

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade destaca que esta iniciativa da Xunta axuda a concienciar á xuventude sobre a importancia de coidar a saúde en idades temperás

10/06/2026 | 13:20 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a coincidencia de todas as comunidades en que o Estatuto Marco é responsabilidade do Goberno central e destaca a "soidade" da ministra de Sanidade

Resalta que o Estatuto Marco é unha norma básica estatal, polo que as comunidades non teñen capacidade para modificar e aprobar a lei

09/06/2026 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta presentará nas vindeiras semanas unha reforma da atención primaria deseñada para responder ás necesidades actuais de profesionais e pacientes

A Consellería de Sanidade presentará os resultados dos grupos de traballo que definiron as medidas a adoptar na xestión das axendas, en recursos humanos e en retribucións

09/06/2026 | 12:44 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca que Galicia rexistrou máis de 44.000 doazóns de sangue no que vai de de ano e anima á cidadanía a sumarse á campaña de verán 'Un alento de vida'

Entre o 15 de xuño e o 31 de agosto ao redor de 170 concellos recibirán a visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue co obxectivo de obter 400 doazóns diarias

08/06/2026 | 20:15 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde remarca o compromiso da Xunta na loita contra as enfermidades cardiovasculares e a posición de referencia na atención a estas patoloxías

Subliña que a aposta do Executivo galego reflíctese nunha estratexia centrada na prevención, na atención especializada e na investigación

08/06/2026 | 16:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda a excelencia da formación e a investigación sanitaria cun concerto único coas tres universidades galegas no que investirá 21,5 M€

Alfonso Rueda explica que o novo modelo unificado, que estará vixente ata 2030, substitúe os acordos anuais e individualizados que o Servizo Galego de Saúde asinaba coas institucións do Sistema universitario galego

08/06/2026 | 15:20 | C. de Sanidade

A Xunta iniciará o 16 de xuño a toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia nos distritos sanitarios da Mariña e de Monforte de Lemos

As persoas convidadas recibirán unha SMS na que poderán reservar a súa cita a través da app Sergas Móbil

08/06/2026 | 11:44 | C. de Sanidade

Stellantis Vigo acada 491 doazóns na segunda campaña anual desenvolvida polas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

A factoría viguesa acolleu os pasados 26, 27 e 28 de maio e o 4 de xuño unha nova iniciativa destinada a captar doazóns de sangue entre os seus traballadores e traballadoras