Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por importe de 5,7 M€ o contrato de mantemento integral de equipamentos de alta tecnoloxía instalados nos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde
O período de vixencia do contrato é de catro anos
A Xunta anima aos estudantes da Universidade da Coruña a seguir aumentando as doazóns de sangue, que o pasado ano subiron un 1,3 % e superaron as 1.400
O reto é acadar este curso 4.500 doazóns nos campus galegos
Gómez Caamaño subliña o compromiso de pacientes e profesionais coa modernización da sanidade pública a través de solucións eficaces e innovadoras
Destaca que se presentaron 72 candidaturas de novas ideas para promover accións que repercutan directamente na calidade asistencial
A Xunta inicia a vacinación da gripe e a covid-19 nos centros de maiores e de discapacidade lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, explica que nos vindeiros días terán acceso á inmunización os usuarios de 52 residencias da terceira idade da área sanitaria
A Xunta licita por 2,4 M€ equipamento para automatizar os servizos de farmacia dos hospitais comarcais do Servizo Galego de Saúde
Mércanse sistemas automatizados de dispensación e almacenamento de medicamentos en carrusel vertical
Gómez Caamaño avanza a posta en marcha o vindeiro ano dun ensaio clínico asistencial para garantir igualdade de acceso aos diagnósticos e tratamento avanzado fronte ao cancro
Tras a posta en marcha do protocolo PRECISGAL-REAL para garantir o acceso precoz a diagnósticos avanzados, a Xunta iniciará en 2026 o ensaio clínico PRECISGAL-TRIAL, destinado a pacientes con cancros avanzados sen opción terapéutica
A Xunta licita por máis de 2 M€ equipos de radioloxía con destino aos servizos de radiodiagnóstico dos hospitais das sete áreas sanitarias
O equipamento que se mercará, un por cada área sanitaria, correspóndese con salas de radioloxía especial que permiten obter imaxes dinámicas do corpo en movemento
O Servizo Galego de Saúde convoca preto de 400 prazas por concurso-oposición para o ingreso en cinco categorías de persoal estatutario sanitario e dez de xestión e servizos
Ofértanse, entre outras, 121 prazas de médico de urxencias hospitalarias
Rueda resalta que a Xunta aforra 65 M€ en tres anos grazas á estratexia de compras centralizadas e á homoxeneización do material sanitario
Salienta a aposta da sanidade pública galega por “ofrecer os mellores tratamentos e dispositivos sen esquecer unha xestión responsable dos recursos”
A campaña de vacinación da Xunta fronte á gripe principia hoxe ampliando a cobertura en nenos e maiores e sen habilitar grandes recintos
O delegado territorial explica que as primeiras persoas en vacinarse son as residentes en centros sociosanitarios